GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Anna Terrón debulla a política de inmigración española a novos líderes iberoamericanos

(04/07/2011)

Foto referente a la noticiaAnna Terrón debulla a política de inmigración española a novos líderes iberoamericanos


1 xullo 2011.- A secretaria de Estado de Inmigración e Emigración, Anna Terrón, participou este mediodía en Madrid nun coloquio cos participantes no programa Novos Líderes Iberoamericanos da Fundación Carolina. No acto, Anna Terrón repasou a política de inmigración española dos últimos sete anos.

A secretaria de Estado explicou que desde 2004 o Goberno desenvolveu unha política de inmigración baseada na xestión ordenada dos fluxos, a regularidade e vinculada ao mercado de traballo. Este modelo, destacou Anna Terrón, "funcionou en épocas de bonanza económica e tamén en etapas de crises como a actual, na que se reduciu substancialmente a chegada de inmigrantes ao noso país". Diante dos 50 mozos que participan no programa da Fundación Carolina, a secretaria de Estado sinalou que España vive actualmente un novo ciclo migratorio, polo que o reto non está tanto en xestionar as entradas senón en pór instrumentos que garantan a cohesión social.

Así, Anna Terrón insistiu en que unha das prioridades do Executivo é traballar a favor da integración, co obxectivo de "fortalecer a cohesión social, a convivencia e a igualdade de dereitos e deberes". "Estas accións van dirixidas a toda a sociedade", recalcou a secretaria de Estado. Terrón respondeu ás preguntas dos participantes sobre os instrumentos de integración, a xestión dos fluxos e a colaboración cos países de orixe.

Na súa décima edición, o programa Novos Líderes Iberoamericanos da Fundación Carolina seleccionou os 50 mellores expedientes académicos de Latinoamérica, Portugal e España, que estes días viaxan a Madrid, Sevilla, Lisboa, Bruxelas e A Haia. Os encontros pretenden mostrar a estes bolseiros internacionais a realidade política, empresarial e cultural de España e Portugal, as perspectivas de futuro europeas e as súas relacións con América Latina.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas