GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Chegan a Galicia os primeiros rapaces e rapazas da diáspora participantes nos campamentos de verán e de traballo da Xunta

(04/07/2011)

Chegan a Galicia os primeiros rapaces e rapazas da diáspora participantes nos campamentos de verán e de traballo da Xunta

 
 
venres, 01.07.2011
  • Na convocatoria deste ano, beneficiaranse máis de 300 fillos, fillas,  netos e netas de emigrantes galegos e galegas residentes no exterior. .

  • Estarán 12 días nas instalacións oficiais, pero despois poden quedar ata un mes máis a cargo dos seus familiares.


Os primeiros e as primeiras participantes nos “Campamentos de Verán 2011” da Xunta de Galicia procedentes da diáspora, beneficiarios e beneficiarias da quenda correspondente á primeira quincena de xullo, aterraron no aeroporto compostelán de Lavacolla. Os 3 máis madrugadores, con orixe en México, facíano ás nove da mañá; ás once da mañá chegaban 2 participantes doutras Comunidades Autónomas españolas; á unha do mediodía, 14 que proviñan de Venezuela; e ás oito menos vinte da tarde, aterrarán  33 procedentes da República Arxentina. Xa na mañá do sábado día 2 chegarán os 31 restantes, que chegan desde Uruguai, ata completar os 83 totais desta primeira quenda.

Estas 83 prazas, e as restantes ata un número superior ás 300 neste verán, corresponden ás reservadas a fillos, fillas, netos e netas de residentes galegos e galegas no exterior nos Campamentos de Verán que organiza a Dirección Xeral da Xuventude, sufragadas pola Secretaría Xeral da Emigración.

Foron, nesta convocatoria de 2011, máis de 700 as solicitudes recibidas para un total de 336 prazas. Un ano máis, o país do que proceden a maioría dos mozos e mozas é a República Arxentina, con 148, case a metade do total. Seguen despois Uruguai con 76, Venezuela con 52, Brasil con 20, e o resto dos beneficiarios proceden de Perú, México, Cuba, Chile, e Costa Rica. Hai tamén tres prazas que se reservaron para residentes noutras Comunidades Autónomas españolas, e finalmente unha delas recaeu nun solicitante residente habitual en Francia.

A Galicia do exterior
Trátase dun número de prazas reservado ao colectivo da diáspora, co obxectivo de fornecer as ligazóns que relacionan a estes mozas e mozos coa terra dos seus familiares e que, en moitas ocasións, senten como propia por riba dos países onde teñan nacido. A iniciativa, para moitos deles e delas, supón a primeira posibilidade de coñecer fisicamente a terra dos seus devanceiros, e as xeracións da súa familia que quedaron na Galicia territorial.

Segundo atesoura a experiencia, nestes Campamentos de Verán, os fillos e netos na diáspora comparten coa outra mocidade galega uns días de experiencias e intercambio que supoñen un importante enriquecemento mutuo, especialmente no caso dos residentes habituais en países de América Latina, que son o 99 por cento dos beneficiarios.

Os rapaces e rapazas teñen entre 14 e 17 anos, e estarán un total de 12 días en dúas instalacións dependentes da Xunta, a de Os Chacotes de Palas de Rei e o albergue de Gandarío, en Bergondo. Despois da súa estadía nestas institucións, e sempre que os seus familiares se fagan cargo deles, poden ficar aínda en Galicia por período máximo de 30 días.

Campos de traballo
Asemade, tamén arribaron ao aeródromo compostelán os primeiros 4 mozos e mozas que participan en campos de traballo, iniciativa que combina a parte lúdica dos campamentos de verán coa formativa. Neste caso, estes catro rapaces e rapazas proceden de México e beneficiaranse da modalidade medioambiental do programa nas instalacións autonómicas do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas, concretamente en Cíes.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas