GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Palas de Rei celebrará a VI Xuntanza da Emigración o 23 de xullo

(04/07/2011)

Palas de Rei celebrará a VI Xuntanza da Emigración o 23 de xullo

 
 
domingo, 03.07.2011
  • O acto está organizado pola Coordinadora Federal das Asociacións Galegas en Alemaña.


O próximo 23 de xullo a Coordinadora Federal das Asociacións Galegas en Alemaña celebrará na localidade lucense de Palas de Rei a VI Xuntanza da Emigración á que está previsto que asistan ao redor de 2.000 persoas.

Durante a xornada farase entrega ao Secretario Xeral da Emigración da Xunta de Galicia, Santiago Camba, da Medalla de Ouro da Coordinadora, segundo informou o seu máximo responsable, Ramiro Vieito. Ademais, tamén se entregarán outras 15 medallas de prata a diferentes personalidades da sociedade galega que se distinguisen polo seu traballo a favor da emigración.

A Coordinadora Federal das Asociacións Galegas en Alemaña agrupa ás 13 entidades galegas que existen no país xermano e para organizar este evento conta coa colaboración do Concello de Palas de Rei e da propia Secretaría Xeral da Emigración do Goberno galego.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas