GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

PSOE e BNG acusan a Educación de actuar ´como Pilatos´ no caso da nena do veo

(29/06/2011)

PSOE e BNG acusan a Educación de actuar ´como Pilatos´ no caso da nena do veo

 

Trasladar á nena o último día de curso "non ten perdón de Deus", di o PSOE no Parlamento. O presidente da Feeri reúnese cos musulmáns de Arteixo no seu novo centro cultural

 
 
 
 
 

ANTARES PÉREZ | ARTEIXO A polémica ao redor da exalumna do colexio novo de Arteixo á que se impediu entrar no centro para participar no festival de fin de curso tras ser expedientada por negarse a quitarse o hiyab nas aulas saíu a relucir onte no debate parlamentario no que o PP aprobou en solitario a lei de convivencia escolar.

"Vulneráronse os dereitos fundamentais dunha nena mentres o conselleiro escondía a cabeza", recriminou Carme Adán (BNG). O portavoz do grupo socialista no Parlamento en materia de Educación, Guillermo Meijón, acusou ao conselleiro Xesús Vázquez Abad de actuar como "Poncio Pilatos" e de ser "cómplice" desta situación.

"Non se atreva a falar da autonomía dos centros, non caia tan baixo", advertiu a Román Rodríguez, tras sentenciar que "algo se está podrecendo" cando se nega a entrada nun centro a unha nena de 12 anos para participar no festival. "Non pode ter perdón de Deus", sostivo.

A Consellería de Educación rexeitou responder as acusacións dos grupos parlamentarios do PSOE e o BNG. O departamento autonómico que dirixe Jesús Vázquez anunciou a pasada semana que abriría unha investigación para corroborar que os feitos que denunciou a familia eran certos. Case unha semana despois a Xunta garda silencio. O Goberno galego adoptou a mesma postura que o consello escolar do novo colexio, que ao termo da última asemblea do curso decidiu subscribir un "pacto de silencio" para "deixar morrer o asunto".

"O que hai detrás desta actitude é un intento de botar terra sobre este asunto, despois de vulnerar de forma reiterada os dereitos dunha menor", denunciaba onte o avogado da familia da menor, Iván Jiménez-Aybar, que asegura que coa "expulsión da nena o último día de curso" chegouse a "un punto sen retorno".

O letrado e o asesor xurídico da familia, Juan Ferreiro, ambos os docentes, esixiron onte que se "chegase ao fondo dun asunto". "Non estamos a falar xa de se o regulamento interno dun colexio pode prohibir o veo ou non, estamos a falar da actitude dun director que botou a unha nena do colexio o último día de curso saltándose ás bravas o procedemento. Fai algo así e agora quere deixar morrer o tema?", preguntábase onte o exdirector de Liberdades Relixiosas. "Non se trata de buscar desquite, trátase de xustiza. Se non estamos no certo que nolo aclare, pero o mínimo que podemos pedir é unha explicación", esixiu.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas