GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Emigración destina 400.000 euros a subvencións para proxectos de integración desenvolvidos por entidades sociais

(27/06/2011)

Emigración destina 400.000 euros a subvencións para proxectos de integración desenvolvidos por entidades sociais

 
 
luns, 27.06.2011
  • Das 83 entidades que optaban, a metade percibirán axuda.


A Secretaría Xeral da Emigración destina este ano 400.000 euros a subvencións a entidades sen ánimo de lucro que desenvolvan proxectos destinados a favorecer procesos de acollida e integración da poboación inmigrante e retornada na Comunidade Autónoma.

Dos 156 proxectos presentados á subvención, 60 recibiron o visto e prace da comisión avaliadora. O grupo máis numeroso é o de proxectos referidos a ensino de linguas, ao que a Xunta destinará máis de 42.000 euros en 15 proxectos distintos destas entidades. Asemade, en 14 proxectos enfocados a reforzo educativo investiranse 67.000 euros.

Haberá cartos públicos tamén para 9 accións de acollida e aloxamento e/ou manutención, que suman un total de 183.000 euros. E a 8 accións específicas de acollida a persoas en situación de especial vulnerabilidade destinaranse case 45.000 euros. Cómpre salientar que, nestes dous casos, ao tratarse de axudas que requiren un desembolso relativamente urxente e en situación de emerxencia, necesitan máis cartos.

Finalmente, a 6 proxectos englobados no ámbito da saúde destinaranse máis de 26.000 euros. Para outras 6 accións, de información, asesoramento e orientación xurídica, resérvanse 18.000 euros das arcas públicas. Co destino do único proxecto para desenvolvementos personalizados haberá 15.000. E, para o último proxecto subvencionado pola Administración autonómica neste caso, de fomento do asociacionismo entre o colectivo de inmigrantes e retornados, destínanse 3.000 euros.

Entidades
Este ano, foron 83 as entidades que presentaron proxectos a subvencionar, das que 42 recibirán unha parte dos fondos solicitados. Delas, 22 son asociacións de carácter xeral, 8 asociacións específicas (de inmigrantes e/ou retornados), 6 asociacións ou congregacións de carácter católica, 5 son fundacións, e a última é unha federación.

Cómpre ademais salientar que, das 41 entidades que non recibirán fondos públicos este ano ao abeiro desta liña de axudas, unicamente 12 foron rexeitadas pola comisión avaliadora. As demais non reunían os requisitos da convocatoria da subvención, desestimáronse por non ter arranxado abondo as deficiencias administrativas detectadas na solicitude, presentáronse fóra de prazo, ou, nun caso, renunciou á subvención.

Canto ao reparto por provincias, na Coruña hai 20 entidades e 31 proxectos beneficiarios, por un total de 184.000 euros (46 %). Na provincia de Lugo, foron 6 as entidades e 9 os proxectos aceptados, que suman 87.000 euros (22 %). En Ourense, de 6 entidades aprobáronse 7 proxectos por valor de algo máis de 30.000 euros (7’5 %). E na de Pontevedra subvenciónanse 10 entidades e 13 proxectos por 99.000 euros (25 %).

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas