GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

As dúas caras da inmigración

(27/06/2011)

As dúas caras da inmigración

Arteixo é o concello coruñés con máis estranxeiros e conta con políticas específicas para este colectivo mentres que no lado oposto está Toques con só cinco inmigrantes


ALEXANDRA MOLEDO | A Coruña  A proporción de inmigrantes na provincia da Coruña é moi variable segundo o concello do que se trate. En Arteixo, dos 30.250 censados, 1.875 (un 6,2%), son estranxeiros. Nesta Torre de Babel coruñesa conviven 56 nacionalidades distintas procedentes de países tan dispares como Croacia, Paquistán ou Polonia pero só sete superan o centenar de persoas. A comunidade marroquí é a máis numerosa con 418 censados, seguida de Portugal (217) ou Brasil (161).

A outra cara da moeda é Toques, un pequeno concello de 1.387 veciños, no que só cinco habitantes son de orixe estranxeira. Debido a estas diferenzas, as políticas municipais para a inmigración tamén varían, tanto que en Toques nin sequera contan con programas específicos destinados a este colectivo. Algo que non se poden permitir en Arteixo.

Os proxectos levados a cabo desde os servizos sociais do concello arteixano teñen como fin facer partícipes da vida social á poboación estranxeira. O departamento ata conta cunha mediadora intercultural que se encarga de evitar que xurdan conflitos entre todos os colectivos que conviven no concello. Ademais dos programas de acollida para os recentemente chegados, ao concello colabora desde o ano 2002 coa ONG coruñesa Ecos do Sur na organización das xornadas anuais de interculturalidad coas que se pretende "sensibilizar sobre temas que afectan á inmigración", como explica o responsable de programas da ONG, David Wiersma. Os talleres de árabe e español cos que se busca favorecer "a integración entre a poboación magrebí e a local" son outras das actividades da organización en Arteixo.

Tras o cambio do bastón de mando da socialista Pilar Souto ao popular Carlos Calvelo nas eleccións do 22-M, Ecos do Sur espera que a nova corporación local siga adiante cos proxectos relacionados coa inmigración. De feito, a integración dos estranxeiros irrompeu con forza na pasada campaña electoral, desatando un intenso cruzamento de acusacións entre os partidos que se disputaban a Alcaldía.

En Toques, pola contra, só hai cinco inmigrantes, que segundo a traballadora social Lupe Vázquez escolleron este municipio por motivos persoais, como é o caso de dúas mozas brasileiras que teñen á súa parella na zona. Vázquez explica que Toques, ao tratarse dun pequeno concello rural do interior "sen medios de transporte público" e onde "non hai traballo, salvo no sector agrario", non é un lugar atractivo para os estranxeiros. Ademais, resulta "case imposible" alugar unha vivenda no municipio, dúas circunstancias polas que a traballadora social xustifica que o seu departamento non teña proxectos específicos para os inmigrantes, senón que se centra na terceira idade, que supón máis dun terzo da poboación.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas