GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Galicia desde os ollos do inmigrante

(27/06/2011)

Galicia desde os ollos do inmigrante

Estranxeiros protagonizan a nova exposición fotográfica da Fundación Rodríguez Iglesias 
  
Rubén García | A coruña
Un transportista arxentino, un músico angoleño, unha comerciante venezolana, unha veterinaria uruguaia, un estudante marroquí, un escritor inglés, un músico ruso, un enxeñeiro escocés, un deseñador mexicano, unha economista xaponesa... Así ata 22 inmigrantes galegos. A Fundación Rodríguez Iglesias acolle unha nova exposición na que se reflicten as experiencias das persoas que proceden de fóra pero que viven na comunidade autónoma.
Esta colección de fotografías, titulada Galicia somos todos, nace por mor dun proxecto da Secretaria Xeral de Emigración da Xunta na que se ofrece unha montaxe onde se poden ver as peripecias -o día a día- de 22 inmigrantes que residen por todos os puntos da xeografía galega.
Decenas de curiosos xa se achegaron onte ata a Fundación Rodríguez Iglesias, ata o número 20 da avenida Pedro Barrié da Maza, para gozar das imaxes, nas que aparecen os grandes protagonistas do Encontro da Inmigración 2011, organizado polo Goberno galego. O proxecto acaba de empezar o seu percorrido polas catro provincias da comunidade autónoma.
A exposición estará aberta ao público ata o próximo 4 de xullo e poderase visitar, de luns a venres, no horario habitual da Fundación Rodríguez Iglesias: de 12.00 a 13.30 horas e de 17.00 a 19.30 horas. Os organizadores mostráronse ilusionados con este novo proxecto e confiaron en que a exposición sirva para contribuír á integración social e ao respecto mutuo entre as persoas.
"Todos conformamos esta comunidade. Tan galego é o que nace na nosa terra como a persoa procedente do exterior que agora vive e traballa connosco. Todos temos a mesma dignidade e colaboramos no desenvolvemento humano, cultural, social e económico de Galicia", subliñou o secretario xeral de Emigración, Santiago Camba.
As palabras do responsable autonómico tiveron eco no presidente da fundación, Francisco Rodríguez Iglesias, para quen é unha oportunidade perfecta de unir ás persoas. "Igual que a Galicia do pasado non pode entenderse sen a emigración, a Galicia do presente e, sobre todo, a do futuro non poden construírse sen os emigrantes que se establecen nela", destacou o máximo responsable da entidade.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas