GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O Foro Galego de Inmigración acusa a Xunta de inhibirse no caso da 'nena do veo'

(24/06/2011)

O Foro Galego de Inmigración acusa a Xunta de inhibirse no caso da 'nena do veo'

23-06-2011 /

Esta organización, por medio dun comunicado, afirma que a expulsión da nena "remata de forma inaceptable un conflito prolongado ao longo de todo o curso escolar ,como consecuencia fundamentalmente da actitude da Consellería de Educación que non interveu para resolvelo no momento en que se produciu".

Tamén recorda a obrigación da Administración autonómica de lexislar ou establecer claramente principios que obriguen aos regulamentos de réxime interno dos centros educativos de Galicia a asumir o carácter intercultural da sociedade.

Para o Foro Galego de Inmigración, a extensión deste tipo de actuacións "podería derivar nunha situación intolerable de separación do alumnado por crenzas relixiosas ou culturais, contrario aos máis elementais principios democráticos e de salvagarda dos dereitos humanos".

O conflito polo uso desa peza con connotacións relixiosas no Colexio Novo de Arteixo xurdiu cando os responsables do centro, inaugurado este mesmo curso, adoptaron un regulamento interno que impide o uso de "boinas, viseras, panos de cabeza e outras pezas que cubran a cabeza".

Esta regra interna -que ningún outro centro escolar da localidade ten- foi incumprida sistematicamente por unha nena que asiste a clase co tradicional hiyab -unha pañoleta que cobre o pelo pero non o rostro-, polo que foi sancionada con "a suspensión do dereito a participar en actividades escolares ou complementarias".

No entanto, e a pesar das reunións entre os seus proxenitores e o director do centro, a moza seguiu asistindo a clase co veo, o que levou ao centro a solicitar un pronunciamiento da Consellería de Educación sobre a legalidade do regulamento, finalmente apoiado pola administración autonómica.

Ante o incumprimento reiterado desta norma, o centro abriu un expediente á menor, que finalmente se pechou co seu traslado a outro colexio.

A nena non puido recoller onte as notas no Colexio Novo de Arteixo ao impedirllo a dirección do centro alegando que xa non pertencía ao mesmo. EFE

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas