GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Indignación de varios pais polo xeito en que se está levando o caso

(23/06/2011)

Indignación de varios pais polo xeito en que se está levando o caso

Data de publicación:

Varios pais do colexio de Arteixo mostraron onte o seu malestar polo xeito na que se está levando o caso. Jorge Ríos, pai dunha compañeira da nena do veo, quixo denunciar onte as malas formas do director do CEIP de Arteixo, «que irrompeu abruptamente na clase onde se atopaba a menor, e expulsouna da aula. Díxolle que non pertencía a ese colexio e que se fose dunha vez. A profesora ata pediu que lle deixase entregarlle unhas fotografías, e el díxolle que as collese pero que se fose».

Este pai considerou que esta actitude non se pode consentir, sobre todo cando se trata dunha nena de once anos «que non ten ninguén que a puidese defender». De feito, dixo que non só era reprobable o trato cara a esta alumna, senón que ata «ameazou» a todos os alumnos, «que aquel que intentase ir contra el tiña as de perder», explicou onte Jorge Ríos.

O asesor do pai da nena e catedrático de Dereito Eclesiástico do Estado da Universidade da Coruña, Juan Ferreiro, explicou que «da actitude do director do centro obsérvase unha clara intención de humillar á menor diante dos seus compañeiros». E o alcalde, Carlos Calvelo, dixo que se trataba dun problema interno do colexio.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas