GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O Sergas colabora coas asociacións Ledicia Cativa e Inmigrantes Senegaleses de Ourense para a asistencia sanitaria a menores que acoden a Galicia en verán en programas de acollemento

(23/06/2011)

O Sergas colabora coas asociacións Ledicia Cativa e Inmigrantes Senegaleses de Ourense para a asistencia sanitaria a menores que acoden a Galicia en verán en programas de acollemento

 
 
martes, 21.06.2011
  • Pilar Farjas asinou na mañá de onte cadanseus convenios cos presidentes destas entidades, Juan Conde González e Ibrahima Diouf.

  • Beneficiaranse deste programa 77 rapaces e rapazas procedentes de distintas rexións da Federación Rusa e 9 nenos senegaleses.


A Conselleira de Sanidade, Pilar Farjas Abadía, asinou onte cadanseus convenios coas asociacións Ledicia Cativa e Inmigrantes Senegaleses de Ourense que recollen a colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e estas entidades para a prestación de asistencia sanitaria a nenos e nenas que acoden a Galicia por un período de vacacións de verán, a través dun programa de acollemento.

En ambos casos, o programa inclúe a Atención Primaria, a Atención Especializada e as prestacións farmacéuticas. Na Atención Primaria enmárcanse a atención sanitaria nas consultas, servizos e centros de saúde e a indicación ou prescrición e a realización de probas e medios diagnósticos.

Neste eido, tamén se recollen no acordo de colaboración as actividades programadas en materia sanitaria como a vacinación, exames de saúde e outras medidas de prevención, promoción e rehabilitación; e, ademais, programas de atención á infancia e as urxencias.

Na Atención Especializada están incluídas a asistencia ambulatoria especializada en consultas (que pode abarcar os procedementos cirúrxicos menores); a asistencia ambulatoria especializada no hospital de día, que abrangue a asistencia médica, a cirúrxica e a pediátrica para procesos agudos, a reagudización de procesos crónicos ou a realización de tratamentos de procedementos diagnósticos que así o aconsellen; ademais da asistencia especializada en réxime de hospitalización.

Respecto da prestación farmacéutica, o convenio inclúe a dispensación prestada en réxime de internamento e a dispensación prescrita en réxime extrahospitalario.

No caso da Asociación Ledicia Cativa, o convenio foi asinado polo seu presidente, Juan Conde González, e poderán beneficiarse del 77 rapaces e rapazas procedentes de distintas rexións da Federación Rusa.

No que atinxe á Asociación de Inmigrantes Senegaleses de Ourense, o acordo asinouno o seu presidente, Ibrahima Diouf, e beneficiaranse del 9 nenos e nenas procedentes de Senegal.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas