GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Camba entregou no Mupega os premios aos rapaces e rapazas gañadores da primeira edición do concurso "Un mundo de cor"

(21/06/2011)

Camba entregou no Mupega os premios aos rapaces e rapazas gañadores da primeira edición do concurso "Un mundo de cor"

 
 
luns, 20.06.2011
  • Presentáronse máis de 300 traballos procedentes de 23 centros escolares.

  • Tódolos gañadores recibiron cadanseu lote de libros e regalos adaptados á súa idade.


O Secretario Xeral da Emigración, Santiago Camba, entregou está mañá no Museo Pedagóxico de Galicia (Mupega) os nove premios correspondentes á primeira edición do concurso Un mundo de cor. No acto tamén estivo presente o Subdirector Xeral de Inmigración e Retorno, Antonio Aguarón.

O gañador da Primeira Categoría (alumnado de 1º a 3º de Primaria) foi Iván Vázquez, do Colexio Santiago Apóstol de Ponteareas; a vencedora da Segunda Categoría (alumnado de 4º a 6º de Primaria) foi Florencia Lago, do CEIP Apóstolo Santiago, da propia capital galega; e co premio á Terceira Categoría (alumnado da ESO) alzouse Marietu Ramos, do CPI Covaterreña de Baiona.

Na Primeira Categoría foron galardoados co segundo premio Montserrat Buján, do CEIP Ramón Cabanillas de Santiago, e co terceiro Catuxa García, do CEIP A Ramallosa de Teo. Na Segunda Categoría, obtivo o segundo premio Andrea Cuevas, do Colexio Santiago Apóstol de Ponteareas, e o terceiro Xiana Vilar, do CPI da Cruz de Nigrán. E, finalmente, na Terceira Categoría levou o segundo galardón Lara de Villalobos, do CPI Covaterreña de Baiona, e o terceiro recaeu en María Jardón, do IES Otero Pedrayo, de Ourense.

Os premios
Un mundo de cor é unha iniciativa da Subdirección Xeral da Inmigración e do Retorno (da Secretaría Xeral da Emigración) na que participou a Subdirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa e Formación do Profesorado (da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria). O obxectivo era que o alumnado de Educación Primaria e Secundaria Obrigatoria dos centros públicos, privados ou concertados de Galicia expresase a súa visión sobre a riqueza da diversidade sociocultural presente na nosa sociedade.

Na primeira e segunda categorías, tódolos premiados recibiron un lote de libros infantís. Aparte dese lote, na primeira categoría, o primeiro premiado foi agasallado cunha caixa de pinturas con cabalete, o segundo cunha caixa de pinturas, e o terceiro cun estoxo de pinturas.

Na segunda categoría, ademais do devandito lote de libros, o primeiro premio consistiu nunha cámara fotográfica, o segundo nunha Nintendo DS co xogo Art Academy, e o terceiro un ‘mp4’.

E finalmente, na terceira categoría tamén tódolos premiados recibiron cadanseu lote de libros, neste caso xuvenís. Asemade, o primeiro galardoado fíxose cun iPad, o segundo cunha cámara fotográfica, e o terceiro cun ‘mp4’.

Variedade e calidade
Un total de 308 obras foron recibidas en prazo na Secretaría Xeral da Emigración, das cales máis da metade (174) remitíronse desde centros da provincia da Coruña, a máis participativa na experiencia. Sen embargo, a localidade con máis traballos presentados é Ourense, con 53, destacando o alto índice de participación das alumnas e a dos alumnos do I.E.S. Otero Pedrayo e mailo Colexio Cardenal Cisneros.

Das máis de trescentas obras presentadas, 119 pertencían á primeira categoría, 115 á segunda, e 74 á terceira. Remitiron traballos a Emigración rapazas e rapaces escolarizados nun total de 23 centros da Comunidade, que sorprenderon moi gratamente aos membros do xurado pola cantidade, variedade, e calidade, dos traballos presentados, superando tódalas expectativas depositadas na iniciativa.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas