GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O Senado aproba por unanimidade reformar a lei de estranxeiría para dar máis protección ás vítimas de violencia e trata

(21/06/2011)

O Senado aproba por unanimidade reformar a lei de estranxeiría para dar máis protección ás vítimas de violencia e trata


MADRID, 20 Jun. (EUROPA PRESS) -


A Comisión de Traballo e Inmigración do Senado aprobou por unanimidade o ditame da proposición de reforma da Lei de Extranxería, que incopora unha nova emenda transaccional, sucrita por todos os grupos para precisar que non se abra expediente de expulsión ás vítimas de trata en situación irregular, "tanto durante a fase de identificación das vítimas, como durante o período de restablecemento e reflexión, non se incoará un expediente sancionador".

En concreto, establece que "tanto durante a fase de identificación das vítimas, como durante o período de restablecemento e reflexión, non se incoará un expediente sancionador" por estancia irregular en España e suspenderase o expediente administrativo sancionador que se lle incoe ou, no seu caso, a execución da expulsión ou devolución eventualmente acordadas".

Así mesmo, introducen un cambio para ampliar a protección das autoridades a "os fillos menores de idade ou con discapacidade" da vítima, que se atopen en España no momento da identificación e facer "extensivas" a eles as previsións da lei en relación ao retorno asistido ou a autorización de residencia ou traballo que xa se contemplan para a denunciante.

"Finalizado o período de reflexión as administracións públicas competentes realizarán unha avaliación da situación persoal da vítima a efectos de determinar unha posible ampliación do citado período", engade a emenda aprobada na Comisión de Traballo e Inmigración.

O texto será debatido no Pleno da Cámara Alta, onde previsiblemente terá o mesmo respaldo unánime dos grupos parlamentarios xa que todos os portavoces coincidiron ao destacar o consenso obtido ao redor deste asunto e puxeron en valor a emenda finalmente aprobada porque, segundo dixeron, supón unha "mellora" do texto exposto polo Congreso dos Deputados.

Nesta liña, o portavoz do Grupo Popular na Comisión, Eugenio Gonzálvez, cuxo grupo promoveu esta reforma na Cámara Baixa, afirmou que coa modificación púidose enriquecer un texto que volve ao Congreso con maiores garantías". "Este trámite que seguimos demostra que cando se fala de defensa dos dereitos dos máis débiles pódense alcanzar acordos", destacou.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas