GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Indignación entre os galegos de Londres pola negativa a cederlles un local para celebrar a súa festa

(16/06/2011)

Indignación entre os galegos de Londres pola negativa a cederlles un local para celebrar a súa festa

A colectividade galega prepara unha manifestación de protesta polo que consideran un agravio que atenta contra un celebración con máis de 25 anos de historia.

Autor:
Redacción dixital | Olalla Sánchez
Data de publicación:

Cando restan apenas dez días para que se celebre o «Día de Galicia en Londres», o seu festexo non está asegurado. Segundo denuncia o Centro Galego da capital londiniense, a dirección do Instituto español Cañada Blanch (dependente da rede de centros que o Ministerio de Educación e Ciencia posúe no exterior), onde desde fai máis dunha década tiña lugar o aniversario, non concedeu o permiso necesario para que o próximo 26 de xuño a festividade volva á conmemorarse nos espazos exteriores da área escolar. O Instituto alega que esa data coincide coa festa de fin de curso da Asociación de Pais do centro.

Este argumento, con todo, non acougou os ánimos da colectividade galega que defende que xa solicitaron o permiso no mes de febreiro e que, ante a falta de resposta, tiveron que apelar de novo á dirección do Instituto. Foi o pasado 10 de xuño, a dúas semanas da festividade, cando recibiron a negativa, nun momento no que o centro galego asegura que xa tiña enviada as invitacións ás autoridades, como ao secretario de Emigración da Xunta, e que xa tiña apalabrada a actuación dun grupo musical.

Os emigrantes aseguran estar dispostos a levar a cabo unha gran mobilización de protesta ante o que consideran un agravio e unha negativa tardía. Defenden que a festividade cultiva 25 anos de historia e que é un evento moi enraizado na cultura e tradición dos residentes galegos en Londres.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas