GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

ATA lanza un blog para asesorar a inmigrantes emprendedores

(15/06/2011)

ATA lanza un blog para asesorar a inmigrantes emprendedores

Mércores, 15 de Xuño de 2011

ataA Federación Nacional de Traballadores Autónomos (ATA) puxo en marcha un blog con toda a información que necesitan os estranxeiros que queren traballar por conta propia. A web facilita o autodiagnóstico das habilidades empresariais, axuda a redactar un plan de empresa paso a paso e inclúe enlaces sobre axuda e financiamento para pór en marcha unha pequena empresa.

'O obxectivo é apoiar aos inmigrantes que desexen darse de alta como autónomos, para que cren negocios viables e que duren no tempo', explicou o coordinador da área de Estranxeiros de ATA, Guillermo Guerrero, a RedInmigrante.es e recordou que quenes teñan algunha dúbida particular sobre o seu proxecto empresarial poden porse en contacto no teléfono de ATA para recibir asesoramento gratuíto.

O proxecto 'en liña' tardou catro meses en desenvolverse. Na web http://autonomosinmigrantesata.blogspot.com/ pódese acceder a información sobre cursos de utilidade para quenes desexen iniciar un proxecto empresarial como autónomos, así como unha listaxe dos trámites que deben realizar e os impostos que deben pagar.

Ademais, o blog conta con información estatística a nivel nacional e autonómico dos autónomos inmigrantes, con datos sobre afiliación mensuais e interanuais, a orixe dos emprendedores estranxeiros, a evolución no ano, o xénero e os sectores preferidos para iniciar os seus negocios. RedInmigrante.es

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas