GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Camba recibe en Santiago a unha delegación da Casa de Ourense de Bos Aires

(15/06/2011)

Camba recibe en Santiago a unha delegación da Casa de Ourense de Bos Aires

 
 
martes, 14.06.2011
  • O Secretario Xeral da Emigración adiántalles que a vindeira semana presentará o Plan Integral 2011-2013 en Galicia, e que tamén o fará antes de xullo en Arxentina.


O Secretario Xeral da Emigración, Santiago Camba, recibiu esta mañá en San Caetano a unha delegación da Casa de Ourense de Bos Aires, formada por unha trintena de integrantes desta entidade.

Camba salientou na súa alocución aos presentes que a entidade ourensá supón “todo un exemplo de galeguidade dinámica e innovadora, e con vocación social”, en referencia á multitude de accións e programas que desenvolve a Casa de Ourense para paliar a situación de escaseza ou vulnerabilidade social de moitos dos seus socios e socias. Camba destacou tamén que a entidade segue a ser un referente na diáspora canto á ligazón entre a Galicia territorial e a do exterior.

Asemade, o Secretario Xeral da Emigración indicou a relevancia non só estatística, senón tamén social, do colectivo ourensán no eido da Emigración española no país austral, e adiantou que en breve presentará na capital arxentina o Plan Integral da Emigración 2011-2013, no que se reflicten as liñas prioritarias de actuación neste eido para o trienio. Antes, xa a semana que ven, o Plan será presentado en Compostela.

Datos da entidade
Con case 4.000 socios na actualidade, segundo datos da propia entidade, a Casa de Ourense foi creada a finais do pasado século por iniciativa de Fillos e Netos de Bande, sobre todo debido ao éxito da iniciativa das ‘xuntanzas de ourensáns’ nas instalacións do Centro Galicia en Bos Aires, ás que acudiron nalgunha ocasión máis de dez mil emigrados desta provincia na capital arxentina.

Casa de Ourense crea, para desenvolver os seus proxectos e infraestruturas, a Fundación San Roque para a axuda de tódolos galegos e españois no país austral. Pouco despois da súa creación, recibe a doazón de 10.000 metros cadrados, a tan só 20 minutos do centro da capital, para a futura construción dun fogar para maiores, principal interese actual da entidade, e no que espera poder albergar a medio cento de beneficiarios.

Ademais, involucra aos mozos en actividades relacionadas coas novas tecnoloxías, e brinda aos socios obradoiros de pintura sobre tela, clases de galego e tango, formación en guitarra española, e asesoramento legal gratuíto. A súa última iniciativa no eido cultural foi a posta en marcha dunha escola de gaitas.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas