GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Tres países xa poden aplicar o Convenio Iberoamericano de Seguridade Social

(14/06/2011)

Tres países xa poden aplicar o Convenio Iberoamericano de Seguridade Social


Martes, 14 de Xuño de 2011

convenio multilateral iberoamericanoEspaña, Bolivia e Brasil son os primeiros países nos que xa se pode aplicar o Convenio Multilateral Iberoamericano de Seguridade Social que entrou en vigor o pasado 1 de maio. O texto foi ratificado por Brasil, Chile, Ecuador, O Salvador, España, Portugal, Bolivia e Paraguai e outros once países iberoamericanos están pendentes de ratificalo. Segundo a Comisión Económica para América Latina e o Caribe, o acordo dará cobertura a unha poboación de ao redor de 565 millóns de habitantes da área entre inmigrantes, españois emigrados e traballadores desprazados pola súa empresa.

Enrique Iglesias, Secretario Xeral Iberoamericano, afirmou que a entrada en vigor do Convenio 'posibilitará que poidan beneficiarse 4 millóns de migrantes, aproximadamente'. O viceministro de previvencia social de Brasil, Carlos Eduardo Gabas referiuse ao texto presentado como a forma de globalizar a protección social.

No acto, participou Adolfo Jiménez, Secretario Xeral da Organización Iberoamericana de Seguridade Social (OISS), quen valorou a participación dos Estados, 'o Convenio -dixo- é froito da achega de todos os países'. Jiménez subliñou que o texto 'contén un principio básico do dereito internacional: a igualdade de trato'. Referiuse á totalización de períodos cotizados á Seguridade Social no espazo do Convenio coma se fose un só Estado 'sen alterar a lexislación de ningún país'.

O acto concluíu coa intervención do Secretario de Estado da Seguridade Social, Octavio Selecto, quen manifestou a importancia do Convenio 'o máis importante de rango internacional' e recordou que o pasado ano na reunión en Alcalá de Henares, con motivo da presidencia española da Unión Europea, xa se expuxo a posibilidade de abrir o texto ao ámbito de Seguridade Social da UE e Iberoamérica.

Hai outros once países que xa asinaron o Convenio e que nestes momentos están tramitando a súa ratificación e aplicación. Trátase de Arxentina, Colombia, Costa Rica, Chile, Ecuador, O Salvador, Paraguai, Perú, Portugal, Uruguai e Venezuela.

O Convenio segue as recomendacións da Organización Internacional do Traballo (OIT) de adoptar os medios para que a globalización económica non vaia en detrimento da protección social e ten en conta o fenómeno das migracións para evitar a desprotección dos traballadores migrantes ou desprazados polas súas empresas.

En España hai un total de 648.962 cidadáns iberoamericanos á Seguridade Social e 629.127 españois en Iberoamérica. O texto do acordo asinouse en 2007 na XVII Cume de Xefes de Estado e de Goberno en Chile. RedInmigrante.es

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas