GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Publicadas as listaxes de solicitudes admitidas e excluídas no programa de "Escolas Abertas" de Emigración para este verán

(07/06/2011)

Publicadas as listaxes de solicitudes admitidas e excluídas no programa de "Escolas Abertas" de Emigración para este verán

 
 
martes, 07.06.2011
  • Os beneficiarios serán un centenar de cidadáns e cidadás residentes no exterior, que accederán a formación de graos intermedio e avanzado en diversas especialidades.

Na web da Secretaría Xeral da Emigración www.galiciaaberta.com pódense consultar as listaxes completas de admitidos, admitidas, excluídos e excluídas do programa de ‘Escolas Abertas’ 2011, na súa modalidade presencial, destinado tanto ás comunidades galegas no exterior como a cidadáns e cidadás individuais residentes no estranxeiro, e que terán lugar no vindeiro mes de xullo.

O número de persoas beneficiarias acada nesta ocasión o centenar, dos que máis da terceira parte procederán de Arxentina, 12 de Venezuela e outros 12 de Uruguai, 10 de Brasil e outros 10 de Cuba, e o resto veñen doutros países americanos (Chile e Estados Unidos), doutros países europeos distintos a España (Suíza e Francia), e o resto doutras comunidades autónomas españolas distintas a Galicia.

Os beneficiarios e beneficairias do programa poderán cursar niveis intermedio (asociacionismo e xestión de asociacións e entidades sen ánimo de lucro, tecnoloxías da información e da comunicación, gaita tradicional galega, canto popular e pandeireta, e baile tradicional galego) e avanzado (gaita tradicional galega, e baile tradicional galego). Cómpre salientar que se trata de disciplinas que contan cunha amplísima demanda nas entidades galegas no exterior.

Os e as participantes son, tal e como establecía a base reguladora da convocatoria, maiores de idade, menores de 35 para os cursos de formación de nivel intermedio, e menores de 55 para os de avanzado. Emigración faise cargo dos gastos necesarios para o desenvolvemento dos obradoiros, e tamén da estadía e viaxe de tódolos participantes.

Pago das viaxes
Precisamente, e para maior transparencia de todo o proceso, o DOG fixera público canda a convocatoria das prazas, tamén o anuncio para a contratación, cun orzamento global de 105.000 euros, do servizo de desprazamento dos participantes no Programa, que na edición deste ano se desenvolverá en Lugo.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas