GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Emigración recibe máis de 300 traballos presentados ao primeiro concurso escolar “Un mundo de cor”

(07/06/2011)

Emigración recibe máis de 300 traballos presentados ao primeiro concurso escolar “Un mundo de cor”

 
 
Luns, 06.06.2011
  • O obxectivo da iniciativa, cuxo éxito desbordou calquera previsión, é sensibilizar aos máis cativos na diversidade sociocultural.



Ao longo desta semana coñeceranse os gañadores da primeira edición do concurso escolar Un mundo de cor, iniciativa cuxo obxectivo era que o alumnado de Educación Primaria, e de Secundaria Obrigatoria, dos centros escolares de Galicia (públicos, privados ou concertados) expresase a súa visión sobre a riqueza da diversidade sociocultural presente na sociedade galega.

Un total de 308 obras foron recibidas en prazo na Secretaría Xeral da Emigración, das cales máis da metade (174) remitíronse desde centros da provincia da Coruña, a máis participativa na experiencia. Sen embargo, a localidade con máis traballos presentados é Ourense, con 53, destacando o alto índice de participación das alumnas e a dos alumnos do Colexio Cardenal Cisneros e do I.E.S. Otero Pedrayo.

Das máis de trescentas obras presentadas, 119 pertencen á primeira categoría (os tres cursos máis baixos de Primaria), 115 á segunda categoría (cuarto a sexto de Primaria), e 74 á terceira (estudantes da ESO). Remitiron traballos a Emigración rapazas e rapaces escolarizados nun total de 23 centros da Comunidade.

O fallo, esta semana
A cantidade e variedade de traballos e materiais empregados para a súa confección sorprendeu gratamente aos membros do xurado desta primeira edición, integrado por profesionais do Ensino e especialistas en Inmigración. Agora, ao longo da vindeira semana, ten por diante a difícil tarefa de decidir as obras gañadoras.

Un mundo de cor é unha iniciativa máis posta en marcha pola Subdirección Xeral da Inmigración e do Retorno (dependente da Secretaría Xeral da Emigración) na que tamén participa a Subdirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa e Formación do Profesorado (dependente da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria).

Estas dúas institucións pretenden con esta acción achegar a unha reflexión consciente do alumnado sobre a oportunidade e riqueza que supón esta variedade de orixes, etnias, idiomas e culturas, e previr actitudes de rexeitamento do diferente. Así, acadouse que os traballos reflectiran temas relacionados coa convivencia intercultural, así como os distintos costumes, usos, vestimenta, folclore, etc, das persoas procedentes doutros países e que viven canda nós.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas