GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Emigración colabora con Afammer e Asfem na integración de estranxeiros

(07/06/2011)

Emigración colabora con Afammer e Asfem na integración de estranxeiros

Redacción, Lugo
06 de xuño de 2011


A delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, e o subdirector xeral de Inmigración e Retorno, Antonio Aguarón, participaron o pasado venres no acto de entrega de diplomas aos preto de 50 alumnos e alumnas -na súa maioría inmigrante- que culminaron con éxito as actividades de formación ocupacional impartidas nos últimos meses pola Asociación de Familias e Mulleres do Medio Rural (AFAMMER) e a Asociación Sociocultural Formación e Emprego (ASFEM).
A Xunta patrocinou en total sete cursos de reciclaxe profesional e capacitación laboral dirixidos a adultos e organizados polas asociacións Afammer e Asfem, entidades ambas  dirixidas por Pilar Osorio. Algúns destes cursos forman parte do catálogo de accións formativas dirixidas prioritariamente a desempregados que manexa a Dirección Xeral de Formación e Colocación, dependente da Consellería de Traballo e Benestar.
Ademais de con estas accións formativas, a Xunta, a través da Secretaría Xeral de Emigración colabora coas entidades sociais a través da subvención, para entidades sen ánimo de lucro, dos programas destinados a favorecer os procesos de acollida e integración da poboación inmigrante e retornada. Así, o pasado ano 2010 Emigración sufragou 40.300 euros a través desta liña de axudas a entidades de acción social no campo da inmigración.
O acto de entrega de diplomas contou, ademais de con a presenza de Arias e Aguarón, cunha representación teatral, unha actuación de baile, e a interpretación de varias cancións.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas