GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Máis de 940.000 inmigrantes atópanse en España cun permiso temporal

(06/06/2011)

Máis de 940.000 inmigrantes atópanse en España cun permiso temporal 

MADRID, 5 Jun. (EUROPA PRESS) -


Un total de 943.568 estranxeiros nacidos fóra da Unión Europea viven en España cun permiso de residencia temporal, un 36 por cento dos 2,6 millóns de autorizacións que están en vigor. O resto conta xa cun permiso de longa duración, polo que leva máis de cinco anos residindo no país.

Segundo datos da Secretaría de Estado de Inmigración actualizados a 31 de marzo, 232.874 persoas, o 8,8% do total, teñen unha autorización de residencia temporal inicial, que lles permite residir en España por un tempo non inferior a tres meses nin superior a un ano.

Así mesmo, 352.721 inmigrantes tramitaron xa a primeira renovación da súa autorización e un total de 357.969 superaron xa a segunda, de forma que se achegan ao prazo fixado para obter a residencia de longa duración: cinco anos vivindo legal e continuadamente en España.

Nesta situación están máis de 1,6 millóns de persoas, o 64 por cento de inmigrantes con permiso de residencia en vigor. A cifra incrementouse en 85.263 persoas ao longo do primeiro trimestre do ano, polos cidadáns que renovaron as súas autorizacións entre xaneiro e marzo.

En canto ao motivo polo que foron concedidos estes permisos de residencia, o 47 por cento dos inmigrantes que se atopan en situación de residencia temporal obtiveron a autorización para traballar, ben por conta allea (437.815 persoas), ben como autónomos (6.916).

Así mesmo, o 25 por cento dos permisos foron concedidos por reagrupación familiar, de forma que 238.159 persoas recibiron a autorización para vivir no país porque alí residían os seus parentes máis próximos.

En canto ás regularizacións por circunstancias excepcionais, no primeiro trimestre do ano contábanse 70.159 persoas cun cartón de residencia expedida por esta razón. Delas, 67.702 foron concedidas por razóns de arraigamento (o 7% do total) e 2.457 por outras razóns, como ser vítima dun delito de violencia de xénero ou de trata.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas