GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Manuel Fraga é nomeado presidente de honra da Federación de Sociedades Gallegas de Cuba

(01/06/2011)

Manuel Fraga é nomeado presidente de honra da Federación de Sociedades Gallegas de Cuba

 
 
Martes, 31.05.2011

O Secretario Xeral da Emigración da Xunta de Galicia, Santiago Camba, reuniuse o pasado mércores cos presidentes das 49 sociedades galegas en Cuba. O Secretario trasmitiu aos galegos de Cuba un saúdo de Alberto Núñez Feijóo, «quen entre as súas tantas preocupacións sempre mantén un especial interese polo seu paisanos en Cuba e polo pobo cubano en xeral», declarou Camba.

Na reunión, os presidentes das sociedades galegas na illa nomearon presidente de honra da Federación de Sociedades Gallegas de Cuba ao expresidente da Xunta Manuel Fraga. O Secretario Xeral agregou que veu a Cuba, «para encontrarme cos galegos deste país polos cales nos preocupamos e nos ocupamos, e para coñecer de primeira man as súas opinións en temas da vida galega actual, as súas inquietudes e opinións».

Durante o encontro cos presidentes, Camba fixo público un recoñecemento ao esforzo e dedicación dos dirixentes galegos na illa para «manter a historia, o folclore e as tradicións galegas, así como a pegada galaica neste país».

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas