GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Emigrantes retornados de Suíza preparan un encontro en Malpica

(31/05/2011)

Emigrantes retornados de Suíza preparan un encontro en Malpica

A celebración terá lugar o 12 de xuño.

Autor:
carballo / a voz
Data de publicación:

Emigrantes retornados de Suíza preparan o segundo encontro comarcal de persoas que traballaron nese país e que xa están en Galicia. Será o próximo día 12 de xuño no restaurante Aldeola de Cerqueda- Malpica. Un local maior que o elixido o ano pasado, no que, a pesar de ser a primeira vez, lograron reunir a unhas 250 persoas.

Á vista do éxito e do interese espertado, os organizadores quixeron ampliar o espazo e tamén abrirse a outras zonas: o chamamento agora é a emigrantes que residan en toda Galicia. Os interesados en anotarse teñen ata o día 8 de xuño para facelo no teléfono do restaurante (981720006). No entanto, para calquera tipo de dúbida ou comentario poden chamar aos propios promotores nos teléfonos 646 670 678 e 676 131 963.

O menú custa 35 euros por persoa adulta. Inclúe aperitivo con croquetas, empanada, tartaletas de marisco e bebidas varias. De primeiro, lagostinos á prancha; segundo, solombo ibérico con patacas e ensalada, poste caseiro, bebidas, viño branco e tinto, café, augardente, brandi e groliños.

Os nenos ata 4 anos non pagan, e ata 12, teñen un menú especial de 15 euros a base de croquetas, patacas, milanesa, sobremesa e bebidas. Ademais, haberá un dúo para amenizar o baile A chegada o restaurante está prevista para as 12.30 horas.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas