GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Xunta colaborará coa Hermandad de Valencia (Venezuela) para dar atención social aos seus máis de mil socios de orixe galega

(31/05/2011)

A Xunta colaborará coa Hermandad de Valencia (Venezuela) para dar atención social aos seus máis de mil socios de orixe galega

 
 
Luns, 30.05.2011
  • A Conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, e o Secretario Xeral da Emigración, Santiago Camba, veñen de asinar un acordo e un convenio de colaboración con esta entidade.

  • O obxectivo é contribuír á atención das necesidades socio-asistenciais básicas dos cidadáns galegos que se atopen nalgunha situación de carencia ou que teñan problemas de autonomía persoal.


A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Traballo e Benestar e a Secretaría Xeral da Emigración, colaborará coa Hermandad Gallega de Valencia (Venezuela) co fin de prestar atención socio-asistencial, aos seus máis de mil socios de orixe galega

Con este obxectivo, a titular de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, e o Secretario Xeral da Emigración, Santiago Camba, veñen de asinar un protocolo e convenio de colaboración neste sentido.

Así, a finalidade principal desta colaboración é apoiar a “importante política asistencial” que xa está a desenvolver esta Irmandade co obxectivo de mellorar a calidade de vida dos maiores pertencentes á colectividade galega. De feito, a entidade presta asistencia médica e social ás persoas de orixe galego, e aos seus descendentes, que carecen de recursos básicos para cubrir as súas necesidades.

Deste xeito, o Goberno galego colaborará nesta acción a través de diversas fórmulas. Entre outras actuacións, facilitará e transmitirá os coñecementos acadados neste ámbito para lograr unha prestación integral ao colectivo, e promoverá accións que favorezan a realización pola entidade de programas de saúde e integración destas persoas.

Máis en concreto, a Xunta colaborará no financiamento do programa de atención que se desenvolve no centro de día da Hermandad. A través deste programa, a Irmandade ofrecerá atención social individualizada, a través dun traballador social; atención alimenticia, cun comedor subvencionado; atención á saúde, cun servizo médico situado nas instalacións deste centro galego; e, finalmente, atención integral que incluirá a rehabilitación e estimulación física, cognitiva e relacional.

Durante a súa visita, ambos responsables autonómicos destacaron o importante labor que desenvolven a colectividade galega en xeral, e esta Irmandade en particular, no apoio socio-asistencial dos emigrantes. “Máis grande que estas instalacións, é o incesante labor que desde aquí se leva a cabo: na promoción da nosa cultura; no fomento das relacións sociais, e, especialmente, na atención ás necesidades básicas de saúde e benestar das persoas con menos recursos”, salientou Mato.

Acto de toma de posesión
Mato e Camba remataron con este acto a súa visita á colectividade galega de Venezuela, durante á que acudiron a distintas entidades galegas situadas en Caracas e na cidade de Valencia. O obxectivo da súa visita foi o de colaborar na atención socio-asistencial que prestan estas dúas asociacións aos máis necesitados de entre os máis de 11.000 socios que suman entre as dúas entidades (máis de 10.000 no caso da Irmandade Galega de Caracas, e ao redor de 1.000 no caso da Irmandade galega de Valencia).

Ademais, durante a súa visita, a Conselleira de Traballo e o Secretario Xeral da Emigración asistiron ao acto de toma de posesión da nova xunta directiva da Hermandad Gallega de Venezuela de Caracas, un dos colectivos máis numerosos da Galicia exterior e conta con máis de 10.000 socios.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas