GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Arxentina. Rosario imprégnase de cine galego

(24/05/2011)

Rosario imprégnase de cine galego

A cidade arxentina acolle un ciclo de películas feitas en Galicia ou por galegos.

Autor:
Redacción dixital
Data de publicación:

Galicia destacou especialmente nos últimos anos en varios proxectos cinematográficos: películas dirixidas por autores da comunidade, actores nacidos nas súas terras, ou longametraxes rodadas nas súas paraxes.

Pero o festival que se acaba de inaugurar na cidade arxentina de Rosario non se dedica exclusivamente ás últimas producións cinematográficas que levan a Galicia nalgún apelido. Tamén clásicos do sétimo arte que seguen estando en primeira liña a pesar do paso dos anos.

O ciclo Cinemas de Galicia comezou onte coa proxección de 18 Comidas, películasa que Jorge Coira fixo o pasado ano. Os asistentes poderán ver hoxe A noite que deixou de chover, de 2008 e con Luís Tosar como protagonista. De profundis, a obra de animación do debuxante coruñés Miguel Anxo Prado proxectarase o xoves; Eloxio da distancia, un documental que leva á gran pantalla un ano da vida dos habitantes da zona da Fonsagrada (Lugo), proxectarase o venres. Un día despois, os espectadores poderán gozar do bosque animado a adaptación cinematográfica do escritor Wenceslao Fernández Flores, dirixida por Manolo Gómez e Ángel da Cruz . E o domingo pecha o ciclo Cela 211, a premiada película do 2009 de Daniel Monzón que protagonizan Luís Tosar e o arxentino Alberto Ammann.

A películas proxectaranse ben na Facultade de Arquitectura, ben no Centro Galego da cidade. A entrada é libre e gratuíta.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas