GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Deza. O censo adelgaza 18.400 electores pola ausencia emigrante

(11/05/2011)

O censo adelgaza 18.400 electores pola ausencia emigrante

Lalín e A Estrada baixan máis de 4.000, con Agolada e Dozón con medio milleiro

Autor:
ou. p.
arca Localidade:
lalín / a voz
Data de publicación:

A modificación da lei electoral que deixou aos emigrantes sen voto nas eleccións municipais supuxo unha severa cura de adelgazamento no censo electoral das comarcas de Deza e Tabeirós-Montes. En total, 18.403 votantes menos, incluídos no Censo Electoral de Residentes Ausentes (Cera): un 23% do total de 79.385, que reduce o censo para os comicios do próximo día 22 de maio a uns 61.000 electores.

Por municipios, a maior redución correspondeu á Estrada: foron 4.598 emigrantes os que perderon o seu dereito a voto nas eleccións municipais. Desta forma, no concello estradense terán dereito a voto 18.566 veciños ?23 deles estranxeiros?. En Lalín son 4.186 emigrantes os que non poderán exercer o seu dereito ao voto, co que o censo adelgaza dos 21.008 do ano 2007 a 17.342, con 72 estranxeiros residentes no municipio.

En Silleda, o censo perdeu a 2.603 emigrantes, ata quedar en 7.568 votantes, con 23 estranxeiros con dereito a voto. A continuación en canto a perda sitúase Forcarei, onde serán 1.885 os emigrantes sen dereito a voto, isto é, máis do 50% dun censo que queda agora en 3.513 votantes. Rodeiro perdeu 1.555 emigrantes e deixa o seu censo en 2.758; Vila de Cruces perde 1.297 votantes, nun censo de 5.468; Cerdedo quedou con 1.171 votantes menos, para un censo de só 1.997 electores; en Agolada baixaron 624 votos e serán 2.600 votantes; e en Dozón perdéronse 484 votantes emigrantes, nun censo pechado con 1.376 votantes.

 

Un factor a ter en conta

A abstención no voto emigrante foi sempre moi alta. Con todo, nalgunha ocasión chegaron a decidir algunha alcaldía, como ocorreu en Silleda nos comicios do 2003. E é que en Lalín, simplemente con votar o 15% do Cera, eran máis de 600 votos: isto é, practicamente un edil, dunhas sacas moi favorables sempre ao PP: un condicionante importante á hora de facer quinielas electorais.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas