GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Subvencións a concellos, mancomunidades de concellos e consorcios locais para realizar programas destinados a favorecer os procesos de acollida e integración da poboación inmigrante extracomunitaria na comunidade autónoma galega. Ano 2011.

(11/05/2011)

 

Información e formularios de solicitude de axudas para descargar.

Orde da convocatoria: 
Resolución do 27 de abril de 2011, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se regula a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a concellos, mancomunidades de concellos e consorcios locais para a realización de programas destinados a favorecer os procesos de acollida e integración da poboación inmigrante extracomunitaria na Comunidade Autónoma Galega e se procede a súa convocatoria para o ano 2011
Entidade convocante: 
Secretaría Xeral da Emigración
Data publicación: 
10.05.2011
Estado: 
Procedemento aberto

Obxecto, ámbito e finalidade das subvencións:

  • O obxecto das bases é a convocatoria de subvencións a concellos, mancomunidades de concellos e consorcios locais para o desenvolvemento de programas destinados a favorecer os procesos de acollida e integración da poboación inmigrante extracomunitaria na Comunidade Autónoma Galega.
  • Só poderán subvencionarse proxectos e accións referidos aos programas que se detallan no artigo 5º das bases reguladoras.
  • As actuacións obxecto das subvencións previstas nesta convocatoria desenvolveranse no territorio da Comunidade Autónoma Galega e terán como finalidade a acollida e integración da poboación inmigrante extracomunitaria.


Beneficiarios/as:

  1. Poderán ser beneficiarios destas subvencións, concellos, mancomunidades de concellos e consorcios locaisda comunidade autónoma que realicen a emisión dos informes e certificacións que a lexislación en materia de estranxeiría determine no ámbito das comunidades autónomas e, adicionalmente, na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes desenvolvan actividades e accións  que favorezan  a acollida e integración das persoas inmigrantes extracomunitarias na Comunidade Autónoma de Galicia.
  2. Os solicitantes deberán manter os requisitos esixidos durante todo o exercicio económico para o que se concede a subvención.
  3. As entidades locais que teñan subscrito algún convenio coa Secretaría Xeral da Emigración poderán igualmente presentar solicitudes de subvención ao abeiro desta resolución, sempre que as actuacións propostas sexan distintas a aquelas financiadas a través dos convenios en vigor.


Financiamento:
Para a concesión das subvencións previstas nesta resolución destínase un crédito de 400.000 euros con cargo a aplicación orzamentaria 04.50.312C.460.0 que figuran na Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o 2011. Este importe poderase ampliar en función das maiores dispoñibilidades orzamentarias de conformidade co disposto nos artigos 31.2º da Lei 9/2007, de 13 de xuño de subvencións de Galicia e no artigo 30.2º do Decreto 11/2009 de 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Programas subvencionables:

  1. Eixe de acollida: Programa de acollida especializada de persoas inmigrantes en situación de especial vulnerabilidade.Desenvolvemento de proxectos que teñan por obxecto accións ou programas destinadas aos colectivos en situación de especial vulnerabilidade, incluíndo aloxamento e manutención (pisos de acollida), introdución a sociedade de acollida e itinerarios de inserción.
  2. Eixe de educación: Programa de reforzo educativo: programas de apoio e compensación educativa en centros escolares, aprendizaxe das linguas da sociedade de acollida e reforzo do sistema de axudas no ámbito escolar. O obxectivo deste programa é realizar accións de reforzo e compensación educativa para o alumnado inmigrante en Galicia, así como o aprendizaxe das linguas da sociedade de acollida. Tamén se reforzarán as axudas no ámbito escolar a través de bolsas de comedor, transporte e material escolar.
  3. Eixe de emprego: Programas de apoio a conciliación da vida familiar e laboral. Neste programa inclúense accións que permitan paliar as dificultades derivadas da incorporación ao mercado de traballo da poboación inmigrante e mellorar a convivencia entre as responsabilidades laborais e o desenvolvemento da vida persoal e privada.
  4. Eixe de infancia e xuventude: Fomento da participación social de nenos/as e mozos/as inmigrantes no tecido asociativo infantil e xuvenil, así como en programas de voluntariado, e impulsar a creación de espazos e proxectos a nivel local que faciliten a convivencia intercultural.
  5. Eixe de muller: Programa de integración social das mulleres inmigrantes que se encontran en situación de especial vulnerabilidade. Este programa inclúe accións que faciliten a integración social das mulleres inmigrantes soas, xestantes ou con fillos menores, vítimas de violencia de xénero ou de redes de tráfico e explotación sexual, carentes de recursos e redes familiares ou sociais de apoio.


Documentación adxunta para descargar:

*Nota: Permite cubrir os datos directamente sobre o formulario e a continuación imprimir o documento. Non se pode gardar o documento xa que se perderán todos os cambios realizados.

Lugar de presentación da documentación: 
As solicitudes de subvencións xunto co resto da documentación dirixiranse á Secretaría Xeral da Emigración (rúa Basquiños 2, 15704 Santiago de Compostela, A Coruña) e presentaranse por calquera das formas previstas no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificado pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.
Prazo de entrega: 
10.06.2011

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas