GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Loito polo voto dos emigrantes

(09/05/2011)

Loito polo voto dos emigrantes

A diáspora convoca para o venres 20 unha «xornada de duelo» en todos os consulados en protesta contra a normativa que os exclúe por primeira vez dun proceso electoral

Autor:
pablo gonzález
Localidade:
redacción / a voz
Data de publicación:

«O meu fillo coñece como a palma da súa man o concello de Vimianzo», asegura José Raimundo Insua, secretario do Consello de Residentes Españois en Berna e Basilea. O suposto desarraigamento dos emigrantes cos seus municipios de orixe dilúese no caso da emigración a Centroeuropa, onde a proximidade e os voos de baixo custo aumentan o contacto coa realidade dos seus concellos. É precisamente neste contexto europeo onde xorde a maior oposición ao artigo da recente reforma da lei electoral que só permite o dereito ao voto nos comicios locais a aquelas persoas que están no censo electoral de residentes, é dicir, os que teñen algunha relación de veciñanza co municipio.

Estas serán xa que logo as primeiras eleccións municipais nas que os emigrantes galegos -incluídos no censo de residentes ausentes (CERA)- non poderán votar. No resto das citas electorais do día 22 -as que se celebran en 13 comunidades autónomas- deberán solicitar o voto, o que está a provocar un descenso brutal na participación. Ata onte, só o pediu o 10% dos expatriados españois.

Ante esta situación, os líderes da emigración, entre os que hai un bo número de galegos, decidiron deseñar unha estratexia de rebelión cívica. A plataforma contra a privación do dereito de voto organizou o sábado pasado unha reunión en París para analizar a situación na que queda a diáspora ante a primeira cita electoral na que non poderán tomar parte. Tras a minicumbre de federacións e entidades de Francia, Suíza e Alemaña, decidiuse convocar unha xornada de duelo polo voto emigrante para o próximo día 20, unha vez finalizada a xornada electoral das autonómicas nos consulados. «Depositaranse ramos de flores ou calquera elemento simbólico e levarán lazos negros», explica Insua, que, xunto ao presidente do Consello de Residentes Españois en Berna e Basilea, Ramón Carreira, forman parte do núcleo que está a organizar a oposición á reforma da lei. A próxima acción será convocar outra reunión a nivel europeo despois do verán para deseñar a estratexia a seguir a medio prazo.

Participación baixa

Aínda que a participación en comicios locais anteriores non era moi alta -o voto era rogado-, os emigrantes consideran que se lles amputou un dereito constitucional. Os cálculos que hai sobre a participación da diáspora en anteriores eleccións municipais oscilaría entre o 5 e o 6%. Aínda que é difícil saber o grao exacto do nivel de votación entre estes electores, pois as papeletas ían directamente a urna e non pasaban por un escrutinio diferenciado como sucedía nas eleccións autonómicas ou nas xenerais. «Sexa cal fose a participación, os que exercían este dereito facíano para manter a súa vinculación co seu municipio de orixe. E agora bótannos fóra do sistema», recorda Raimundo Insua. «E aos que non o exercían, desgústalles moito que lles quiten un dereito que tiñan», engade.

Neste sentido, hai simetría nos argumentos dos expatriados en Europa e os do outro lado do Atlántico. «Sinto dicir isto, pero creo que España xa non é unha democracia», asegura Francisco Lores, presidente da Federación de Asociacións Galegas en Arxentina, o país que agrupa ao 37% da diáspora galega. Como o resto dos dirixentes da emigración consultados, Lores culpa aos dous grandes partidos, PSOE e PP, de «dar as costas» aos españois no exterior «por simple especulación partidista».

O certo é que a extensión dos dereitos de cidadanía a netos coa lei de memoria histórica aumentou sensiblemente o censo de residentes ausentes. Desde o 2007, o rexistro dos emigrantes con dereito a voto aumentou en 40.718 persoas e alcanza xa os 348.613 electores potenciais. Os emigrantes galegos pon o acento neste paradoxo: por unha banda esténdese a cidadanía -en países como Cuba se duplicou o censo- e, por outro, recórtanse dereitos.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas