GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Emigración facilita máis de 300 prazas para descendentes de galegos e galegas da diáspora nos campamentos de verán de Xuventude

(09/05/2011)

Emigración facilita máis de 300 prazas para descendentes de galegos e galegas da diáspora nos campamentos de verán de Xuventude

 
 
Luns, 09.05.2011
  • Na convocatoria deste ano, recolléronse máis de 700 solicitudes para esas prazas.


A Secretaría Xeral da Emigración ven de realizar o sorteo das prazas que corresponden a fillos e fillas, e netos e netas de emigrantes galegos no exterior nos Campamentos de Verán que organiza a Dirección Xeral da Xuventude. A listaxe completa pode consultarse no portal web da Secretaría, www.galiciaaberta.com.

Trátase dun número de prazas reservado ao colectivo da diáspora, co obxectivo de fornecer as ligazóns que relacionan a estes mozos e mozas coa terra dos seus familiares e que, en moitas ocasións, senten como propia por riba dos países onde teñan nacido. A iniciativa, para moitos deles e delas, supón a primeira posibilidade de coñecer fisicamente a terra dos seus devanceiros, e as xeracións da súa familia que quedaron na Galicia territorial.

Cómpre lembrar que a Xunta convídaos exclusivamente a pasar eses días en compañía de coetáneos da Galicia territorial, e ás actividades desenvolvidas no Campamento, en igualdade de condicións cós residentes aquí, pero en ningún caso sufraga a viaxe dos beneficiarios desde alén o Atlántico.

Segundo atesoura a experiencia, nestes Campamentos de Verán, os fillos e netos na diáspora comparten cos outros mozos galegos uns días de experiencias e intercambio que supoñen un importante enriquecemento mutuo, especialmente no caso dos residentes habituais en países de América Latina, que son o 99 por cento dos beneficiarios.

A maioría, arxentinos
Foron, nesta convocatoria de 2011, máis de 700 as solicitudes recibidas para un total de 313 prazas. Un ano máis, o país do que proceden a maioría dos mozos e mozas é a República Arxentina, con 148, case a metade do total. Seguen despois Uruguai con 76, Venezuela con 52, Brasil con 20, Perú con 5, México con 4, Cuba con 2, Chile con 1, e Costa Rica con 1. Outras 3 prazas reserváronse para residentes noutras Comunidades Autónomas españolas, e a última das prazas recaeu nun solicitante residente habitual en Francia.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas