GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A inmigración achega ao Estado máis do que custa, segundo un estudo

(05/05/2011)

A inmigración achega ao Estado máis do que custa, segundo un estudo

LAURA CONTRERAS - Madrid - 05/05/2011

Os inmigrantes achegan moito máis do que custan ao Estado, aínda que existe unha percepción totalmente contraria na sociedade debido ao "desaxuste entre os impostos e contribucións sociais xerados polos mesmos e a súa distribución territorial", sintetiza Francisco Javier Moreno Fuentes, autor dun estudo financiado pola Fundación a Caixa. Este reflexa que os estranxeiros permitiron contención salarial, incorporación da muller ao mercado laboral e cinco anos sen déficit nas pensións.

"Non é posible cuantificalo, pero achegan ata tres veces máis do que reciben", asegura Moreno. Menos do 1% dos que se benefician das pensións son estranxeiros. Destes, máis da metade ten nacionalidade europea. Tamén acoden ás consultas de atención primaria un 7% menos que os autóctonos, e un 16% menos ao médico especialista, segundo apunta María Bruquetas, coautora do estudo.

Segundo as conclusións, o "gran beneficiario é a Administración central", mentres que as locais e autónomas teñen dificultades para adaptar os servizos públicos ao aumento de poboación inmigrante. Esta concéntrase, sobre todo, en zonas da costa mediterránea e en grandes cidades, como Madrid e Barcelona, "onde hai barrios que parecen guetos".

Percepción equivocada

Este é o principal motivo polo que existe unha percepción contraria entre os autóctonos que explica, en parte, o rexeitamento crecente cara aos inmigrantes cando veñen épocas de crises, aseguran os autores. "houbo unha lenta adaptación das administracións á nova demanda". Moreno argumenta que "se nun ambulatorio de barrio con alta concentración de estranxeiros, por exemplo, un señor que viviu aí toda a súa vida ten que esperar máis días para conseguir unha cita, é común que atribúa esa culpa á presenza de inmigrantes, en lugar da as administracións que non souberon proporcionar os recursos necesarios".

Este tipo de apreciacións son alimentadas polos partidos de extrema dereita, que propagan ideas xenófobas e están gañando terreo en varios países europeos, como Holanda. "Ata hai unha falsa idea de que elixen o país de emigración, segundo a calidade dos servizos sociais, e que se aproveitan destes", asegura Moreno.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas