GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

España rexeita limitar a libre circulación de inmigrantes en Europa

(29/04/2011)

España rexeita limitar a libre circulación de inmigrantes en Europa

España non é partidaria de dar marcha atrás ás conquistas e avances conseguidos

REDACCIÓN 
Francia e Italia pretenden a restrición do espazo Schengen.
Sarkozy estima necesario revisar "as cláusulas de salvagarda" que permiten pechar as fronteiras da Unión.
A ministra española de Exteriores considera a idea "unha marcha atrás en logros e conquistas" europeos.
España non apoiará as limitacións ao Tratado de Schengen [1] propostas, verbalmente, por Francia e Italia este martes en Roma.

A ministra española de Asuntos Exteriores, Trindad Jiménez, mostrouse contraria a modificar Schengen "en función de elementos de carácter conxuntural ou temporal", como a chegada masiva de inmigrantes desde Tunisia a Italia, informa publico.es. [2]

Tras a proposta informal de Roma e París [3], Jiménez insistiu en que os europeos dispón de mecanismos para ordenar os fluxos migratorios e que España non é partidaria de "dar marcha atrás a todas aquelas conquistas e avances conseguidos", informa Miguel González.

Máis contundente foi o secretario de Estado de Exteriores, Juan Antonio Yáñez, quen cualificou de "catástrofe" o retorno a actitudes "egoístas e nacionalistas" ante a inmigración, segundo publica elpais.com. [4]

Como estaba previsto nas súas axendas, o presidente francés, Nicolas Sarkozy, e o primeiro ministro italiano, Silvio Berlusconi, acordaron este martes en Roma impulsar unha "reforma urxente" do acordo Schengen co obxectivo de limitar a libre circulación de inmigrantes entre os Estados europeos en situacións excepcionais, como a rexistrada recentemente tras o éxodo de norteafricanos xerado por mor das revolucións árabes.

PECHE DE FRONTEIRAS

A estratexia para non levantar bochas na democrática Europa é modificar o histórico acordo pero só nas suas partes referentes aos movementos migratorios masivos.

"Queremos que Schengen siga vivo, pero debe ser reformado", explicou Sarkozy nun intento por edulcorar unha proposta que acabaría co tratado que en 1985 inaugurou unha Unión Europea libre de fronteiras.
"Queremos reforzar os controis de Frontex e máis medios para que as fronteiras de Schengen queden garantidas" aseverou o presidente galo.

Berlusconi apoiou a proposta gala para que "cando se presenten circunstancias excepcionais poida ser modificado". Sarkozy mencionou a necesidade de revisar "as cláusulas de salvagarda" que permiten pechar as fronteiras.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas