GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

París e Roma esixen restrinxir a circulación de inmigrantes na UE

(27/04/2011)

París e Roma esixen restrinxir a circulación de inmigrantes na UE
Sarkozy e Berlusconi lanzan unha andanada contra o acordo de Schengen

MIGUEL MORA - Roma - 27/04/2011

O presidente francés, Nicolas Sarkozy, e o primeiro ministro italiano, Silvio Berlusconi, acordaron onte en Roma impulsar unha "reforma urxente" do acordo de Schengen coa idea, non verbalizada pero aínda así evidente, de limitar a libre circulación de inmigrantes entre os Estados europeos en situacións excepcionais, como a rexistrada agora polo éxodo de norteafricanos.

"Queremos que Schengen siga vivo", explicou Sarkozy tratando de esconder con boas palabras a andanada contra o acordo que en 1985 deu paso á Europa sen fronteiras. "Pero para que siga vivo Schengen debe ser reformado", engadiu. "Queremos reforzar o texto, queremos reforzar os controis de Frontex e máis medios para que as fronteiras de Schengen queden garantidas". Berlusconi salientou o seu acordo coa liña francesa: "Non queremos negar Schengen, pero estamos de acordo en que cando se presenten circunstancias excepcionais debe ser modificado".

Ambos os mandatarios decidiron solicitar a Bruxelas a reforma do acordo a través dunha carta conxunta cuxo contido non transcendeu, e que Berlusconi resumiu así: "decidimos nomear dúas personalidades para estudar os temas de inmigración e desenvolver os tratados. Francia e nós traballaremos xuntos co Goberno de Tunisia para frear as saídas de inmigrantes. Na carta enviada á Comisión pedimos máis solidariedade de Europa cos socios da beira sur e cos países do norte de África. Os Vinte e sete non poden deixarnos sos".

As dúbidas sobre o alcance real desa reforma non foron aclaradas, pero Sarkozy mencionou a necesidade de revisar "as cláusulas de salvagarda" que permiten pechar as fronteiras, como avanzaran o día anterior fontes do seu Gabinete. O cume entre París e Roma -que contou coa presenza dos ministros de Exteriores, Interior e Finanzas- serviu tamén para aliviar os receos bilaterais xurdidos nas últimas semanas.

A intervención da OTAN en Libia, acelerada por París e Londres contra os desexos do propio Berlusconi, e as presións de empresas francesas sobre compañías italianas (primeiro LVHM sobre Bulgari e onte mesmo a opa de Lactalis sobre Parmalat), abriron as primeiras gretas.

Pero o tema máis espiñento era sen dúbida a caótica xestión dos 25.000 inmigrantes tunisianos chegados desde xaneiro ás costas de Italia. O posterior xogo do escaqueo entre ambos os países cos sen papeis desembocou na entrega de visados temporais por parte de Roma a varios miles de tunisianos coa esperanza de que cruzasen a fronteira francesa. O 17 de abril, o bloqueo francés dos trens en Ventimiglia suscitou a cólera italiana.

A decisión de París de rexeitar aos sen papeis chegados a Italia foi recoñecida polo propio Berlusconi cando afirmou: "Non podemos acusar de nada a Francia, porque fixo cinco veces máis esforzo en acollida que Italia, eles reciben 50.000 refuxiados anuais e nós 10.000".

Fronte á mirada curta e estreita de líderes populistas, a sensatez do presidente da República Italiana, Giorgio Napolitano, resoou entre caixas con máis forza que nunca. "Nada sería máis miope, mezquino e perdedor que o repregamento sobre si mesmos dos países membros da UE ante o risco de fluxos migratorios desesperados e masivos nas nosas beiras", advertiu.

A ministra española de Asuntos Exteriores, Trindad Jiménez, mostrouse contraria a modificar Schengen "en función de elementos de carácter conxuntural ou temporal", como a chegada masiva de inmigrantes desde Tunisia a Italia. Tras subliñar que aínda non se fixo ningunha proposta formal de reforma, insistiu en que os europeos dispón de mecanismos para ordenar os fluxos migratorios e que España non é partidaria de "dar marcha atrás a todas aquelas conquistas e avances conseguidos", informa Miguel González. Máis contundente foi o secretario de Estado de Exteriores, Juan Antonio Yáñez, quen cualificou de "catástrofe" o retorno a actitudes "egoístas e nacionalistas" ante a inmigración.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas