GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Festa laurentina en Cuba, con 250 invitados

(26/04/2011)

Festa laurentina en Cuba, con 250 invitados

A Sociedade Fillos de Lourenzá na Habana celebrou o seu centenario coa mirada posta na terra de orixe

Autor:
lourenzá / a voz
Data de publicación:

A Sociedade Fillos de Lourenzá na Habana puña o colofón aos actos do seu centenario coa comida celebrada o domingo nas instalacións da Cecilia, ás que asistiron 250 persoas. Entre elas estaba unha delegación do Concello, co seu alcalde, Vidal Martínez-Sierra , á fronte. Os demais eran emigrantes e os seus descendentes. Segundo explicou o rexedor, soamente doce dos presentes naceran en España e só un, Hilaria Rodríguez Rodríguez, era de Lourenzá.

Entre os invitados atopábanse tamén membros da directiva da sociedade cuxo centenario se celebraba, coa súa presidenta, Josefina Rodríguez, á cabeza; o presidente do Consello de Residentes Españois en Cuba, Antonio Fidalgo Dopaso; o presidente da Federación de Asociacións Galegas en Cuba, Sergio Toledo Bo e o presidente da Sociedade de León e coordinador dos actos, Raúl Parado Iglesias .

Houbo entrega de diplomas e agasallos e, sobre todo, houbo intercambio de sentimentos. Moitos aproveitaron para enviar saúdos ás súas familias, outros para buscar aos seus parentes, outros para intentar atopar documentación sobre se mesmos. É o caso de Maximino Ramón Barreira Ateijo, de 98 anos, que non figura nin en Cuba nin en España. Segundo o alcalde, contoulle que nacera en Cuba, pero pasou en España desde 1914 a 1920. O seu avó era Francisco Barreira Fernández, un capitán do exército que viviu nunha casa de Santo Tomé que se coñece como a Casa do Capitán.

O alcalde falou do libro que está a preparar sobre a sociedade, cuxa edición se atrasou, dixo, porque está a reunir documentación para completalo; precisamente aproveitou esta viaxe para solicitala. Tamén teñen intención de restaurar e dedicar a escola de Alaxe, unha das dúas impulsadas polos emigrantes en Lourenzá, a centro de interpretación da emigración. Ante o interese mostrado pola xente por visitar España ofreceuse a indagar se hai programas para pagar os desprazamentos, pois para aloxarse poderían adecuar algún lugar, como a escola de Arroxo.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas