GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Emigración denuncia por segunda vez trabas nos consulados na tramitación administrativa da tarxeta sanitaria galega

(25/04/2011)

Emigración denuncia por segunda vez trabas nos consulados na tramitación administrativa da tarxeta sanitaria galega

 
 
Mércores, 20.04.2011
  • Camba lembra por carta ao Subsecretario de Exteriores e Cooperación o dereito dos emigrantes á súa acreditación nas legacións diplomáticas.


O Secretario Xeral da Emigración, Santiago Camba, solicitou por carta oficial ao Subsecretario de Asuntos Exteriores e Cooperación, Antonio López, que se axilicen e desatasquen os trámites no Consulado Español en México, de maneira que os emigrantes galegos con dereito á tarxeta sanitaria podan tramitala de contado. Esta tarxeta, cómpre lembrar, garántelles os mesmos dereitos cós galegos residentes na Galicia territorial, cando o emigrante se atopa aquí.

Estes atrancos e retrasos que se están a dar en México son similares aos rexistrados hai meses na legación diplomática española na República Oriental do Uruguai. As comprobacións e certificacións do PERE (Padrón de Españois Residentes no Estranxeiro) e do CERA (Censo Electoral de Residentes Ausentes), documentos necesarios para a expedición da tarxeta ao beneficiario, se retrasan ou mesmo resultan imposibles, sen que medie por parte do Consulado explicación ningunha.

Na misiva, Camba recoñece que nun primeiro momento “foron numerosos os beneficiarios desta prestación que (...) puideron tramitala con éxito”, pero tamén afirma que recibe “desde o Centro Galego en México, a preocupante información referente á imposibilidade que desde hai uns días teñen os cidadáns españois para conseguir os devanditos certificados a través do Consulado Xeral”, motivo polo cal solicita a urxente intervención do departamento estatal de Exteriores.

Sen resposta
Malia o tempo transcorrido desde o envío da misiva oficial, máis dunha semana, a Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia non ten recibido resposta, e consta que a situación sobre a que alertaba Camba está a empeorar día tras día, e iso que, como lembra o alto cargo galego na súa carta, “calquera cidadán español” ten dereito a “acreditarse como tal ante calquera administración pública española, a través dos mencionados certificados”.

Asemade, no caso de México, como anteriormente no de Uruguai, foron moitos máis os emigrantes galegos que solicitaron a tarxeta sanitaria galega (a emitida polo Servizo Galego de Saúde, SERGAS) cós que pediron a homónima expedida polo Ministerio de Sanidad y Consumo. A emitida pola Comunidade Autónoma resulta máis operativa, razón pola cal o Secretario Xeral da Emigración urxe a Exteriores a colaborar na tramitación áxil dos referidos certificados.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas