GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Lei de estranxeiría axudará a atraer talento científico, segundo o Goberno

(19/04/2011)

A Lei de estranxeiría axudará a atraer talento científico, segundo o Goberno

O ministerio manterá actualizado a listaxe de entidades ou organismos de investigación autorizados para subscribir estes convenios.

Autor:
EFE
Data de publicación: 18/04/2011



O novo regulamento da Lei de Estranxeiría reduce de 90 a 45 días o tempo para a obtención do permiso de residencia temporal e traballo para os investigadores de países fóra da UE, o que permitirá a España «consolidarse como un destino preferente para o talento científico internacional».

Así o sinalou o Ministerio de Ciencia e Innovación nunha nota de prensa, na que recorda que na actualidade o 20,5% dos investigadores doutores beneficiarios das axudas para a contratación que concede este departamento son xa estranxeiros.

Para o ministerio, esta medida incluída no regulamento -aprobado o pasado venres en Consello de Ministros- facilita a contratación e atracción de talento internacional e mellora a mobilidade dos investigadores, á vez que favorece a competitividade da economía española no mercado internacional.

Así mesmo, contribúe á internacionalización das empresas do país no marco da política europea de inmigración.

Os investigadores estranxeiros que queiran obter un destes permisos de residencia e traballo terán que asinar previamente un convenio de acollida co centro de destino (universidades, organismos públicos de investigación ou centros de investigación).

Os centros deberán contar para iso cunha acreditación previa outorgada polo Ministerio de Ciencia e Innovación ou ben polo Goberno da súa comunidade autónoma.

O ministerio manterá actualizado a listaxe de entidades ou organismos de investigación autorizados para subscribir estes convenios.

Do mesmo xeito, o departamento que dirixe Cristina Garmendia, mediante orde ministerial, establecerá os requisitos xerais para que as Administracións competentes autoricen a outros organismos de investigación a subscribir convenios de acollida con investigadores estranxeiros.

A autorización de residencia temporal e traballo para investigación durará como mínimo tres meses e como máximo o que dure o proxecto de investigación para a que foi concedida.

Segundo o ministerio, o 54,8 por cento dos investigadores estranxeiros beneficiarios das súas axudas provén de Europa.

O país que máis talento exporta a España é Italia (19,28 por cento do total), seguido de Alemaña (7,53 por cento).

Entre os 20 primeiros países tamén aparecen Francia, Reino Unido ou EEUU.

España é ademais, segundo a última convocatoria das Starting Grants do ERC (Consello Europeo de Investigación), o quinto país receptor de talento da UE.

Por outra banda, o ministerio relatou que España se situou entre as 10 primeiras potencias científicas mundiais, co 2,5 por cento de total de publicacións científicas, segundo o estudo «Coñecemento, redes e países: colaboración científica global no século XXI», da Royal Society británica.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas