GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O Goberno aproba o Regulamento da Lei de Estranxeiría

(18/04/2011)

O Goberno aproba o Regulamento da Lei de Estranxeiría

Publicado por Redacción o 18/04/2011

O Consello de Ministros, a proposta do ministro de Traballo e Inmigración, Valeriano Gómez, aprobou na súa reunión de hoxe o proxecto de Real Decreto sobre Regulamento da Lei Orgánica 4/2000 de 11 de xaneiro, sobre dereitos e liberdades dos estranxeiros en España e a súa integración social, tras a súa reforma por Lei Orgánica 2/2009, máis coñecida como Lei de Estranxeiría

O Regulamento da Lei Orgánica sobre dereitos e liberdades dos estranxeiros en España, máis coñecida como Lei de Estranxeiría, constitúe unha peza importante da política de inmigración do Goberno, e consolida un modelo de inmigración regular, ordenado e vinculado ao mercado de traballo.

O texto desenvolve os mecanismos de xestión previstos na reforma de Lei Orgánica 4/2000 que o mesmo Goberno impulsou e as Cortes Xerais aprobaron hai pouco máis dun ano (Lei Orgánica 2/2009), e pon os medios para facer efectivos o fortalecemento da cohesión social, a integración e a igualdade de dereitos e deberes. O novo Regulamento responde aos retos do novo ciclo migratorio e culmina a transposición da normativa comunitaria en materia de inmigración.

A norma que hoxe se aproba garante maior rigor, obxectividade e transparencia nos procedementos administrativos de estranxeiría. Ademais, obxectiva criterios necesarios para os trámites que deben realizar os cidadáns estranxeiros, axiliza os procedementos e introduce as novas tecnoloxías nas tramitacións.

MOBILIDADE E PROMOCIÓN DO RETORNO VOLUNTARIO

O novo Regulamento da Lei de Estranxeiría establece mecanismos para fomentar e garantir a mobilidade e o retorno voluntario dos cidadáns estranxeiros aos seus países de orixe. Así, para quen se acollen a estes programas determina un procedemento máis áxil e con máis garantías.

MAIOR RIGOR ANTE INCUMPRIMENTOS NA CONTRATACIÓN

Doutra banda, o Regulamento tamén esixe maior estabilidade aos contratos entre empleadores españois e traballadores estranxeiros. Deste xeito, a norma impide ao empleador que non cumpra os compromisos asumidos contratar a outro traballador estranxeiro nos tres anos seguintes.

EN DIÁLOGO COAS ADMINISTRACIÓNS E A SOCIEDADE CIVIL

O novo Regulamento chegou ao Consello de Ministros tras o trámite de audiencia e información pública, e oído o Consello de Estado. O texto foi obxecto de acordo na mesa de diálogo social e foi sometido a un amplo proceso de diálogo, tanto coas Administracións como coa sociedade civil.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas