GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A información sobre as universidades galegas chegan a Arxentina

(15/04/2011)

A información sobre as universidades galegas chegan a Arxentina

A delegación da Xunta en Buenos Aires promocionase a oferta académica entre os emigrantes.

Autor:
Redacción dixital
Data de publicación:

Representantes das Universidades de Vigo e de Santiago viaxaron a Arxentina para promocionar a súa oferta formativa entre a comunidade galega do país austral. Esta semana, o delegado da Xunta en Buenos Aires, Alejandro López Dobarro, reuniuse co vicerreitor de Estudantes e Formación Continua da Universidade de Santiago, Francisco Bustos Durán, e co vicerreitor de Relacións Internacionais da Universidade de Vigo, Manuel José Fernández Iglesias, con quen acordou converter á representación galega en Arxentina nunha «fiestra de acceso á información do Sistema Universitario de Galicia».

O representante do organismo vigués recoñeceu o seu interese en «reinterpretar as relacións das Universidades galegas coa sociedade arxentina. Queremos facerlles chegar a nova Galicia, a oferta universitaria e de investigación, que é importante para os dous países». Pola súa banda, o representante da USC destacou o «contacto entre os estudantes arxentinos e as tres universidades galegas», nun momento no que Arxentina está a apostar pola internacionalización. Segundo informou Fernández Iglesias, as universidades da Coruña, Santiago e Vigo presentan estes días en Buenos Aires a oferta do Sistema Universitario de Galicia no encontro «Euro posgraos Arxentina». Este foro está pensado para achegar ao público arxentino toda a información das universidades europeas neste campo e incrementar o intercambio entre universidades para a formación de estudantes, docentes, profesionais e científicos. Esta iniciativa organízase desde hai seis anos polo Servizo Alemán de Intercambio Académico, a Fundación Universidade.é, a Embaixada de España en Arxentina, a Axencia Española de Cooperación Internacional e para o Desenvolvemento, e outras entidades francesas, italianas, británicas e holandesas.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas