GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O Foro Galego de Inmigración pide un servizo municipal permanente

(15/04/2011)

O Foro Galego de Inmigración pide un servizo municipal permanente

Autor:
santiago / a voz
Data de publicación:
 

O Foro Galego de Inmigración presentou onte, por rexistro e posteriormente entregoullo á concelleira de Benestar Social, Mar Martín, un escrito no que esixe o «funcionamento continuado e permanente» do servizo de atención á poboación inmigrante. Miguel Fernández, portavoz do Foro, explicou que o Concello non conta con persoal fixo para este servizo e xestiónao mediante unha asistencia técnica externa, sen que iso implique unha continuidade de persoal. Consideran que a Unión de Atención ás Migracións debería contar un avogado e un traballador social fixo e dependente do Concello.

Doutra banda, critican que o servizo limite a atención a un só un día á semana. Recordan que, nos últimos anos, atendéronse a unhas 2.300 persoas novas e realizáronse máis de sete mil xestións, nas que participou directamente a asesoría xurídica. Apuntan ademais, nun documento avalado por 80 colectivos, que os demais concellos da comarca e a Xunta deberían financiar este servizo.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas