GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Maltratadas ilegais que denuncien non se lles incoará expediente de expulsión

(15/04/2011)

Maltratadas ilegais que denuncien non se lles incoará expediente de expulsión

EFE
,

Madrid

O regulamento da Lei de Estranxeiría, que se aprobará de forma "inminente", contempla que ás vítimas estranxeiras de violencia de xénero que se atopen en situación irregular en España e que denuncien ao seu agresor non se lles incoará un expediente de expulsión ata que non se dite sentenza.

Asegurouno hoxe a secretaria de Estado de Inmigración, Anna Terrón, en declaracións aos medios tras presidir o pleno do Foro para a Integración Social dos Inmigrantes, nas que subliñou que o regulamento da norma "está xa para pasar ao Consello de Ministros".

En canto ás novidades que incluirá o texto definitivo do regulamento con respecto ao borrador presentado o pasado 8 de febreiro, Terrón avanzou que como a prioridade é que as mulleres maltratadas denuncien aos seus agresores, non se procederá á apertura do expediente de expulsión.

Só se incoará cando se dite sentenza e esta sexa desfavorable para a denunciante.

A lei de Estranxeiría, nos termos que se aprobou, sinala que as vítimas de malos tratos, se ao denunciar as agresións compróbase a súa situación irregular, suspenderase o expediente administrativo ata que conclúa o proceso penal e agora o borrador matiza que non é que se lles paralice, é que non se lles abrirá.

Terrón recordou que no Congreso dos Deputados estase tramitando unha proposición de lei do PP para a reforma da lei de estranxeiría neste sentido aínda que descartou que o regulamento vaia máis aló da propia norma.

"Se a modificación da lei por maioría no Congreso leva a esa seguridade de forma máis clara que o que pode interpretarse neste momento á lei, paréceme positivo, en todo caso, o regulamento xa incluirá esa interpretación", subliñou Terrón.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas