GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Hijos de Rivera concede 30 bolsas a galegos residentes no Uruguai

(12/04/2011)

Hijos de Rivera concede 30 bolsas a galegos residentes no Uruguai

 
 
Luns, 11.04.2011
  • O anuncio fíxose durante a clausura do curso académico en Montevideo, ao que asistiron 300 persoas.

Escola de Finanzas (EdF), con sede en Galicia, seguirá impartindo formación financeira a españois residentes en Uruguai, pero ademais, segundo anunciou o presidente de EdF, Venancio Salcines, a compañía Hijos de Rivera (propietaria de Estrella Galicia, entre outras empresas) custeará 30 bolsas de 5.000 dólares cada unha a españois residentes no país austral que se matriculen en cursos de EdF. O anuncio fíxose durante a clausura do curso académico en Montevideo, acto ao que asistiron 300 persoas, entre as que figuraban os principais representantes da comunidade hispana no Uruguai.

O director xeral da compañía que sufragará as bolsas, Ignacio Rivera, impartiu a conferencia de clausura do curso ao ao remate da súa intervención foi aclamado polos asistentes a xeito de agradecemento polo seu altruísmo; ademais, as alusións de Rivera a Galicia e A Coruña emocionaron vivamente aos numerosos asistentes.

O acto celebrouse no Centro Gallego de Montevideo e acudiron a embaixadora de España en Uruguai, Aurora Díaz-Rato; o presidente do centro, Julio Ríos; o da Asociación de Empresarios Gallegos en el Uruguay, Jorge Expósito, e o director xeral da compañía Pontyn, Daniel Rama.

Escola de Finanzas (EdF) imparte os seus cursos en Uruguai no Centro Gallego de Montevideo dende o 2005, ano en que iniciou a súa actividade docente co patrocinio de Ence. No curso 2007-8, EdF traballou con financiamento da Fundación Galicia Emigración e en colaboración coa Universidad de la Empresa, nun programa de postgrao en Xestión Financeira, cuxos estudantes validaron para cursar ao ano seguinte o máster en Banca e Mercados Financeiros.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas