GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Coruña. O saldo migratorio exterior, en negativo por primeira vez en 15 anos

(04/04/2011)

O saldo migratorio exterior, en negativo por primeira vez en 15 anos

A inmigración caeu un 33% e a emigración subiu un 25,4%

Autor:
r. domínguez
Localidade:
a coruña / a voz
Data de publicación:

O crecemento demográfico da cidade é nulo. Así se reflicte no informe do propio Concello realizado pola socióloga Mónica Díaz tomando como basee os datos oficiais do Instituto Nacional de Estatística. Estancadas atópanse as cifras de poboación da Coruña, aínda que os indicadores seguen situándoa como unha cidade sostible tendo en conta as tendencias que se evidencian nos movementos de residentes: o censo non crece polo incremento dun 25,4% no último ano na saída de emigrantes, na súa maioría inmigrantes en retorno aos seus países de orixe, pero de forma simultánea percíbese unha maior capacidade do municipio para captar novos veciños chegados doutras localidades españolas.

Cun censo de 246.047 habitantes a 1 de xaneiro do 2010, nove menos que un ano antes, conxélase a tímida evolución á alza de exercicios anteriores e que no 2008 supuxo a incorporación de 892 habitantes. A paralización é atribuíble a unha caída do 33% de inmigrantes do estranxeiro, que se limitaron a 1.622, e que en exercicios anteriores compensaban as baixas de habitantes que se producían principalmente pola marcha de veciños cara á comarca. Coincidiu ese cambio na balanza de movementos co estranxeiro con que, ademais, disparáronse as baixas no padrón para emigrar, en boa medida para retornar aos seus países de orixe: foron 1.708, unha cifra que practicamente cuadruplica a rexistrada apenas dous anos antes. Por primeira vez na súa historia, o municipio coruñés arroxa un saldo migratorio negativo ao perder 86 habitantes, afastándose da habitual captación de cidadáns procedentes de fóra de España.

Se se suman ao movemento migratorio o vexetativo, xa que a pesar de ser o segundo mellor resultado dos últimos 15 anos seguen producíndose máis falecementos que nacementos, exactamente 201, o censo neto descende en 483 persoas, rompendo a liña positiva de anos anteriores: 690 gañou no 2008, 1.102 no 2007 e 1.307 no 2006.

O saldo migratorio entre a cidade e o resto de municipios de España é o mellor desde 1996, pero aínda reflicte unha perda de 199. O descenso capitalízao a comarca, xa que a conta é positiva nos residentes procedentes do resto da provincia (222 máis), como nos chegados do resto de Galicia (252) e sobe de forma rechamante a captación de habitantes doutras autonomías: se tradicionalmente este apartado figuraba en números vermellos, no 2008 arroxou un saldo positivo de 90 e no 2009 ascendeu a 192.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas