GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Inmigración España: 7.000 millóns de euros enviados en 2010

(01/04/2011)

Inmigración España: 7.000 millóns de euros enviados en 2010

Os inmigrantes que traballan e viven no noso país enviaron ata 7.186 millóns de euros no pasado ano aos seus países de orixe.
inmigrantetrabajando

31 marzo

Os inmigrantes que traballan e viven no noso país enviaron ata 7.186 millóns de euros no pasado ano aos seus países de orixe. A cifra é só un 0,3% inferior ao que se enviou durante 2009, un total de 7.213 millóns segundo os datos que publicou este xoves o Banco de España.

A entidade quixo resaltar a tendencia á baixa, que supón a cifra máis baixa desde 2006 na que o envío foi de 7.059 millóns de euros. Cabe destacar que este ano o número de inmigrantes que viven e traballan no noso país descendeu, polo que se entende que recadaron máis ou que os seus salarios permitiron que a cifra case se manteña.

Como dato a destacar, as cifras en millóns de euros rexistradas no segundo e terceiro trimestre de 2010 foron bastante boas, pero as dos dous primeiros trimestres foron moi baixas polo que o computo do ano foi lixeiramente negativo. En concreto, o período que comprende os meses de outubro a decembro do pasado ano foi o momento no que máis diñeiro se enviou desde o noso país aos países de orixe dos inmigrantes dos últimos dous anos e medio.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas