GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Terrón presenta á Comisión Europea o novo regulamento de Estranxeiría

(30/03/2011)

Terrón presenta á Comisión Europea o novo regulamento de Estranxeiría

Bruxelas, 29 mar (EFE).- A secretaria de Estado de Inmigración e Emigración española, Anna Terrón i Cusí, presentou hoxe á Comisión Europea o novo Regulamento da Lei de Estranxeiría que, entre outras novidades, contempla o "cartón azul" para atraer a inmigrantes cualificados e o "arraigamento familiar" para a regularización.

Terrón abordou os principais puntos desa normativa coa comisaria europea de Inmigración, Cecilia Malmstrom, e coa vicepresidenta do Executivo comunitario e titular de Xustiza, Viviane Reding.

As reunións, que tiveron lugar "nun clima construtivo", centráronse nalgúns aspectos cuxa regulación en España está aínda pendente, como o "arraigamento familiar" para regularizar a situación dos inmigrantes que teñan ao seu cargo un fillo nacido en España, segundo explicou Terrón nun encontro coa prensa.

O regulamento en cuestión, que desenvolve a reforma da lei de 2009, aprobarase na próximas semanas, pois aínda está pendente dun informe do Consello de Estado (órgano consultivo supremo do Goberno español).

A normativa contempla aspectos como a contratación de inmigrantes altamente cualificados, a residencia, a reagrupación familiar, a contratación de traballadores en orixe ou as infraccións á lei, vixente desde xaneiro de 2010.

A reforma pretende consolidar a inmigración legal e ordenala e adaptala "ás necesidades do mercado de traballo" español, segundo a secretaria de Estado.

Terrón explicou que a crise económica afectou especialmente aos inmigrantes, cuxa taxa de paro é dez puntos superior á dos nacionais.

A perda de empregos nese colectivo centrouse en sectores como a construción e os servizos, aínda que hai outros ámbitos cunha gran demanda de man de obra non cuberta a nivel nacional e onde pode ser interesante a contratación de traballadores foráneos altamente preparados.

As reunións de hoxe serviron tamén para falar sobre políticas de integración, un ámbito no que Terrón reclamou a Bruxelas máis fondos europeos e mellor "agrupados".

A secretaria de Estado de Inmigración explicou ademais que nos encontros de hoxe aclaráronse algúns aspectos que a Comisión Europea consideraba non resoltos, en relación á trasposición en España da directiva sobre Libre Circulación.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas