GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Vilagarcía prepara unha guía para inmigrantes que estará dispoñible en Internet e en papel

(29/03/2011)

Vilagarcía prepara unha guía para inmigrantes que estará dispoñible en Internet e en papel

Autor:
vilagarcía / a voz
Data de publicación:

A mediados do mes de abril as persoas inmigrantes que chegan a Vilagarcía ou que viven xa na capital arousá disporán dunha guía de recursos e de información, un instrumento que a concellaría de Benestar do Concello de Vilagarcía puxo en marcha co obxectivo de facilitar a integración dese colectivo.

A responsable do departamento municipal, Ana Lorenzo, argumentaba onte que na actualidade o 4,6% da poboación de Vilagarcía é inmigrante. Trátase, ademais, de persoas que xeralmente necesitan utilizar moitos recursos sociais aos que ás veces teñen dificultades para acceder, xa sexa por problemas de idioma ou de coñecemento.

Pensando niso, a concellaría xa deseñara un folleto informativo e tamén programou un curso dirixido fundamentalmente a fomentar o asociacionismo. Agora estase traballando nunha guía que pretende ser un resumo de todas esas accións, un catálogo de servizos que tamén pode ser utilizado por toda a cidadanía.

Será un documento amplo que a partir de mediados do mes que vén estará colgado na páxina web municipal, www.vilagarcia.es. Ademais, unha versión máis sinxela editarase en papel. Tanto o formato dixital da guía como o escrito se editarán en catro idiomas: español, galego, inglés e francés.

Os autores desta iniciativa explicaban onte que tanto na web como en papel se estruturou ao redor de cinco apartados diferentes, que se identificarán por cores. No primeiro abordaranse cuestións de importancia, como os pasos que deben seguir para entrar no noso país. No segundo trátase de orientar aos inmigrantes nos seus primeiros pasos no noso país (empadroamento, cartón sanitario e residencia). Os recursos do Concello centran o terceiro bloque temático, con cuestións de interese como os centros de estudos, a vivenda ou recursos para a muller. Convivencia e participación cidadá e un rueiro son os últimos apartados da publicación.

Á vez que presentaba esta iniciativa, a concelleira Ana Lorenzo insistía onte na súa idea de que Vilagarcía necesitaría contar cunha oficina específica de atención ao inmigrante, unha solicitude que trasladou á Xunta pero para a que non obtivo apoio.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas