GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Contra o uso demagóxico da inmigración ante as próximas eleccións

(29/03/2011)

Contra o uso demagóxico da inmigración ante as próximas eleccións

28.03.2011 · periodismohumano

Manifesto contra o uso demagóxico e populista da
inmigración ante as próximas eleccións municipais

por Federación de Asociacións de SOS Racismo do Estado español






QUE A ONDA DE ODIO NON SALPIQUE OS NOSOS MUNICIPIOS

Dun tempo para acó estamos asistindo en Europa a un retroceso na protección de dereitos fundamentais das persoas que están nunha situación de especial vulnerabilidade. Atacar e utilizar ao débil ou ao diferente como chiba expiatorio ao que sinalar como responsable dos riscos e inseguridades que xera a sociedade globalizada, non fai senón alimentar de xeito cada vez máis indisimulada un discurso do odio. No caso da poboación inmigrante, este discurso do odio maniféstase en forma de discriminación, xenofobia e racismo.

O discurso xenófobo é cada vez máis agresivo, e o chamado "novo racismo" deixa paso a vellas prácticas do século pasado: expulsións colectivas de persoas xitanas de nacionalidade romanesa en Francia, patrullas "cidadás" en Italia, etc. A gravidade destes feitos, unida ao ascenso de partidos políticos claramente xenófobos en países como Holanda, Hungría, Bélxica ou Suíza, debería abrir un debate sobre a "calidade" democrática de Europa.

Culpabilizar á inmigración de todos os problemas e non combater a desigualdade social é o peor xeito de soster unha democracia débil, e a situación máis cómoda para os responsables desta grave crise económica.Máis aínda, contamos con numerosos exemplos na nosa contorna de como se aproveitaron prexuízos como que a inmigración é unha ameaza para o Estado do Benestar para xustificar recortes de dereitos e liberdades que nos afectan ao conxunto da cidadanía.

Nun contexto de escaseza de recursos, azuzar o temor da poboación ao diferente pode ter réditos electorais, pero tamén consecuencias incalculables. E aquí ímonos a atopar cun dos problemas que o discurso populista e xenófobo está incubando. As leis (aínda que sexan de estranxeiría) deben transmitir ás próximas xeracións que existen unhas fronteiras éticas e de dignidade humana que non poden traspasarse.

Se alguén se cre que ten algún permiso especial para traspasar este límite, que logo non se lamente cando descubra que a paciencia tamén é limitada. Sabemos como empeza o discurso do medo pero non como termina. Recordemos se non os disturbios de Francia en 2005, protagonizados por fillas e fillos de inmigrantes, fartos de seguir discriminados e estigmatizados.É o momento de levantar entre todas e todos un dique ético que pare esta onda de odio. A regresión en materia de dereitos humanos e de garantías xurídicas estanos conducindo a un punto de non retorno no
que a irracionalidad vainos salpicar, sexamos de aquí ou de alá.

Por todo iso, as persoas abaixo asinantes esiximos a todos os partidos políticos e agrupacións electorais que vaian presentarse ás próximas eleccións municipais que fagan un exercicio de responsabilidade
e que non fagan demagoxia nin populismo coa inmigración. Avogamos por unha sociedade integradora onde, por encima do lugar de procedencia, a relixión ou a cultura, recoñézallenos como veciñas e veciños iguais en dereitos; con diversas inquietudes e sensibilidades, pero afectadas á fin e ao cabo polos mesmos problemas municipais.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas