GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Rueda e Camba fan entrega dos diplomas acreditativos a 50 alumnos dun curso de informática en Zürich

(28/03/2011)

Rueda e Camba fan entrega dos diplomas acreditativos a 50 alumnos dun curso de informática en Zürich

 
 
Sábado, 26.03.2011
  • Trátase dos participantes no curso de formación “Redes Sociais na web e técnicas de hardware”, financiado pola Xunta de Galicia.

 

O Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, e o Secretario Xeral de Emigración, Santiago Camba, fixeron entrega onte na Fundación ECAP de Zürich dos diplomas aos 50 alumnos do curso de formación “Redes Sociais na web e técnicas de hardware”, financiado pola Xunta de Galicia.

No acto Rueda destacou o importante esforzo orzamentario que está a levar a cabo o Goberno autonómico para garantir os servizos máis básicos dos galegos, vivan onde vivan, especialmente en eidos tan importantes para a sociedade como son a Sanidade, os Servizos Sociais ou a Educación.

Precisamente neste último eido é onde se enmarca a acción formativa en informática que se desenvolveu no centro suízo e que segundo o Conselleiro “enlaza a nosa responsabilidade como Goberno coa realidade dun país galego con múltiples existencias e realidades, fóra e dentro das súas fronteiras”.

Rueda destacou que a formación en informática e redes sociais que o Goberno vén de achegar á diáspora serviralle para “ intentar entender este mundo cambiante e intercambiar experiencias e esperanzas” con outros galegos de calquera parte do mundo e será unha “arma máis” para encarar o futuro.

Segundo o Conselleiro, a través destas novas ferramentas informáticas a Xunta trata de espallar dentro e fóra do seu territorio unha mensaxe de esperanza para os galego de dentro e fóra de Galicia: “todos xuntos sairemos antes deste momento de afogo económico”.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas