GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Ourense. A crise limita a ocupación da poboación inmigrante

(23/03/2011)

A crise limita a ocupación da poboación inmigrante

En febreiro o número de cotizantes estranxeiros descendeu un 2,7%

Autor:
A. Nespereira
Localidade:
ourense / a voz
Data de publicación:

A situación económica, particularmente no ámbito laboral, tamén está a afectar á cotización á Seguridade Social dos inmigrantes en Ourense. Segundo os datos que onte deu a coñecer o Ministerio de Traballo, o número total de afiliados estranxeiros na provincia o pasado mes de febreiro experimentou un retroceso do 2,79% con relación ao mesmo mes do pasado ano.

A pesar diso, se se analiza a cifra desde o ano 2009, a contención no descenso parece que se estabiliza xa que no segundo mes de hai dous anos contabilizábanse na provincia 4.846 empregados afiliados á Seguridade Social. Un ano despois esa cifra era de 4.599 persoas, o que supón un retroceso de 5,10% xa que o número de efectivos que deixaron de cotizar foi de 247 persoas.

Á súa vez, en febreiro deste ano o censo de inmigrantes que estaba a traballar de forma regular era de 4.471, cunha caída máis leve (128 persoas), é dicir, un 2,79% en relación ao mesmo mes do 2010, en liña coa media do descenso que se percibe no conxunto de España (-2,65%), aínda que menor da que se rexistrou en Galicia, que foi de -5,83%.

A maior parte dos traballadores que proceden doutros países e que traballan en Ourense están inscritos no réxime xeral da Seguridade Social, ao alcanzar a cifra de 3.154 persoas. Séguenlle, en orde de importancia, 687 que se engloban no réxime de autónomos, 473 como empregadas de fogar e 157 que están no réxime especial agrario.

 

Unión Europea

Segundo a estatística do Ministerio de Traballo, 2.406 persoas que traballan na provincia proceden da Unión Europea, dos que 1.782 están no réxime xeral, 416 son autónomos, 115 traballan na agricultura e 93 son empregadas de fogar. Pero, o continxente maior de inmigrantes que cotizan á Seguridade Social proveñen de países que non pertencen á Unión Europea, ata o punto que se contabilizan 2.065 persoas, das que 1.372 están no réxime xeral, 271 son autónomos, 380 son empregadas de fogar e 41 traballan no sector primario.

Do total de traballadores estranxeiros dados de alta en Ourense, 2001 son mulleres e 2.471 son homes.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas