GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Un conflito iniciado en febreiro polo colexio

(23/03/2011)

Un conflito iniciado en febreiro polo colexio

Data de publicación:

O conflito entre os pais da menor e o colexio remóntase á primeira semana de febreiro, cando o xefe de estudos negou á alumna a posibilidade de ir a unha excursión porque no regulamento interno do centro prohibíase desde decembro levar panos na cabeza. Nun primeiro momento, tanto os pais como o Concello de Arteixo sopesaron a posibilidade de cambiar á menor de centro. O pai da nena, Radawane Hakim, reuniuse co xefe de inspección de Educación na Coruña, quen lle transmitiu que presentase a documentación e que se lle daría resposta ao traslado. Pero a solicitude nunca foi enviada e o proxenitor confirmou o 18 de febreiro que a menor non sería cambiada de centro e que o asunto o levaba o seu avogado, Iván Jiménez Aybar, que tamén leva un caso similar, o da nena de Pozuelo. Ao día seguinte sabíase que o Concello remitira o regulamento do colexio ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia para tratar de impugnalo, e Jiménez Aybar anunciou, o día 24, que levaría o caso ante os tribunais. Ao día seguinte, a Xunta, que sempre explicou que respecta a autonomía do colexio, remitiu un escrito ao centro onde non consideraba irregular que se prohiba levar veo na aula, ademais de recordar que non se deben admitir «desigualdades entre alumnos e alumnas» ou «ningunha forma de machismo». Unhas conclusións que deron ás ao colexio para solicitar o traslado de centro á menor, pero iso non foi admitido por Educación, ao detectar erros formais na sanción porque o colexio non abriu expediente.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas