GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Xunta lembra a importancia da educación e a formación no Día Internacional contra o Racismo e a Xenofobia

(22/03/2011)

A Xunta lembra a importancia da educación e a formación no Día Internacional contra o Racismo e a Xenofobia

 
 
Martes, 22.03.2011
  • O subdirector da Inmigración visitou onte un curso para residentes de orixe estranxeira na sede de Cáritas en Santiago, onde lembrou algunhas das accións recentes desenvolvidas polo seu departamento.


Co gallo do Día Internacional contra o Racismo e a Xenofobia, o subdirector da Inmigración da Secretaría Xeral da Emigración, Antonio Aguarón, visitou onte as instalacións de Cáritas Diocesana de Santiago, onde se está a desenvolver un curso de formación laboral para persoas inmigrantes residentes en Santiago.

Sobre a conmemoración deste Día, Aguarón salientou que “a mellor maneira de loitar contra a discriminación é promover a integración social e laboral de todas as persoas, ata acadar unha igualdade de oportunidades efectiva en todos os planos”. Para o subdirector xeral da Inmigración, a galega é unha sociedade aberta e que sabe dispensar una boa acollida ás persoas chegadas doutros países, tal e como demostran os datos do Baremo da Inmigración presentado a finais do pasado ano.

Desde a Secretaría Xeral da Emigración considérase que o mellor camiño para mellorar a cohesión social e loitar contra calquera tipo de discriminación por razón de orixe, raza, lingua ou relixión, é facilitar e promover o coñecemento mutuo, o respecto á diversidade e a convivencia intercultural.

Emprego para a integración
Segundo Antonio Aguarón, para achegarmos a este obxectivo “hai que incidir, sobre todo, na educación e na formación laboral. A consecución dun emprego, ademais de facilitar os recursos económicos para sacar adiante á familia, é a principal vía de establecemento de relacións persoais”.

Consciente de que a educación nas idades temperás é fundamental, o subdirector da Inmigración tamén dou conta do programa As cores do mundo que a Secretaría Xeral da Emigración desenvolveu no último trimestre de 2010 en corenta colexios públicos e concertados da comunidade autónoma, para facilitar a aprendizaxe do valor da diversidade entre o alumnado de entre 5 e 9 anos.

Finalmente, Aguarón sinalou que a Secretaría Xeral está a exhibir a mostra fotográfica Galicia somos todos nas sete grandes cidades de Galicia, a cal incide precisamente na idea de que todos somos galegos, con independencia da nosa orixe. A exposición recala arestora no Peirao de Transatlánticos do Porto de Vigo.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas