GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Carlos Vello, presidente do Centro Galego:«Queremos restituír o hospital de Buenos Aires que coñecemos»

(18/03/2011)

«Queremos restituír o hospital de Buenos Aires que coñecemos»

Carlos Vello, presidente do Centro Galego, considera que debe haber responsables da débeda contraída pola fundación e que estes terán que cumprir

Autor:
patricia branco
Localidade:
redacción / a voz
Data de publicación:
«Queremos restituir el hospital de Buenos Aires que conocimos»

Unha vez coñecido que o Centro Galego de Buenos Aires reasumirá a xestión do hospital asociado á entidade despois de que se liquidou pola súa quebra a Fundación Galicia Saúde, integrada paritariamente pola Xunta e o centro, o presidente deste último valora a nova situación. Respecto da actuación da Administración galega, Vello di que, «persoalmente, non satisfixeron as miñas expectativas. Debíase actuar con máis responsabilidade».

 

-¿Como se chegou á situación actual?

-Ao meu entender, a lamentable situación actual iníciase a finais do 2009, cando se pretende adxudicar a xerencia da fundación a unha empresa comercial. Esta, logo duns meses de avaliacións e xestións, sempre coa oposición de parte importante dos socios do centro, desvanécese. A partir de aí, unha falta de administración e de responsabilidade na xestión provoca esta situación actual, inédita na historia do centro.

 

-¿Puido haber outra solución?

-Na miña visita realizada o ano pasado a Compostela, fun recibido polo presidente da Xunta e a conselleira de Sanidade. Entregamos un estudo elaborado pola xunta directiva do centro, onde se mostraba a conveniencia de modificar os patróns da fundación, pasando os representantes da Xunta ao Centro Galego [eran cinco patróns dunha e cinco doutro\], ademais dun plan de saneamento e estudos económicos que levarían á autofinanciación da actividade sanitaria nun curto prazo, mediante o pagamento de parte do pasivo que correspondía ao Goberno galego. Ese estudo xamais foi considerado nin contestado. Hoxe máis que nunca reitero que aquela proposta era a solución máis viable e conveniente para a fundación e o centro.

 

-¿Que plans teñen agora, reasumida a xestión do hospital?

-Normalizar unha situación extremadamente difícil, garantir os servizos, atender de forma correcta as necesidades dos socios, administrar financieramente os ingresos e gastos. Os plans son, en gran medida, a participación da xunta directiva na implantación de medidas de orde, reconstitución de liñas de autoridade e responsabilidade, totalmente perdidas. Queremos restituír, con moita brevidade, o hospital que todos coñecemos tempo atrás. Os galegos emigrados respiran con forza e esperanza e se hai que apertar os dentes e traballar duro novamente, farémolo.

 

-¿Como se vai pagar a enorme débeda? ¿Debe intervir a Xunta?

-Debe haber responsables da xeración desa débeda e deben cumprir cos seus compromisos, con seguridade e garantía, para satisfacer as demandas. A saúde do centro, se falamos da económica e financeira, é moi boa ata o día de hoxe. Non posúe débedas exixibles. A día 14 de xaneiro de 2011, data de desvinculación coa fundación, o patrimonio totalmente saneado fai que sexa envexado por calquera empresa. A miña esperanza é que a institución non se vexa comprometida por causas alleas ao Centro Galego.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas