GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Subvencións a entidades sen ánimo de lucro para desenvolver proxectos destinados a favorecer os procesos de acollida e integración da poboación inmigrante e retornada na Comunidade Autónoma galega. Ano 2011

(17/03/2011)

Subvencións a entidades sen ánimo de lucro para desenvolver proxectos destinados a favorecer os procesos de acollida e integración da poboación inmigrante e retornada na Comunidade Autónoma galega. Ano 2011

 
 
Información e formularios de solicitude das axudas.
Orde da convocatoria: 
Resolución do 21 de febreiro de 2011, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, a entidades sen ánimo de lucro para desenvolver proxectos destinados a favorecer os procesos de acollida e integración da poboación inmigrante e retornada na Comunidade Autónoma galega, e se procede á súa convocatoria para o ano 2011.
Entidade convocante: 
Secretaría Xeral da Emigración
Data publicación: 
17.03.2011
Estado: 
Procedemento Aberto

Obxecto, ámbito e finalidade das subvencións:

-O obxecto das bases é a convocatoria de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para o desenvolvemento de proxectos que conteñan actividades destinadas a favorecer os procesos de acollida e integración da poboación inmigrante e retornada na Comunidade Autónoma galega.

-Só poderán subvencionarse proxectos referidos aos eixes e accións que se detallan no artigo 6º das bases reguladoras, que sexan executados entre o 1 de decembro de 2010 e o 30 de setembro de 2011.

-As actuacións obxecto de subvención previstas nesta convocatoria desenvolveranse no territorio da Comunidade Autónoma galega, agás as previstas no eixe de codesenvolvemento e retorno voluntario e terán como finalidade favorecer os procesos de acollida e integración da poboación inmigrante e retornada.

Beneficiarios/as:

Poderán ser beneficiarias destas subvencións aquelas entidades sen ánimo de lucro con personalidade xurídica propia, que cumpran na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes os seguintes requisitos:

1. Estar legalmente constituídas e debidamente inscritas no correspondente rexistro administrativo.
2. Ter o seu domicilio social en Galicia ou delegación na comunidade autónoma.
3. Estar inscritas na Guía de entidades da web da Secretaría Xeral da Emigración (www.galiciaaberta.com).
4. Desenvolver actuacións que favorezan a acollida e integración das persoas inmigrantes e retornadas na Comunidade Autónoma de Galicia.
5. Dispoñer de experiencia e capacidade para garantir a realización das accións obxecto da subvención.
6. Non incorrer en ningunha prohibición para obter a condición de beneficiario de subvencións, enumeradas no artigo 10º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Non poderán ser beneficiarias das subvencións as entidades de dereito público as universidades, os partidos políticos, as sociedades civís, organizacións sindicais, as asociacións profesionais ou empresariais, os colexios profesionais e calquera entidade non citada neste artigo que non acredite non ter ánimo de lucro.

Financiamento:

Para a concesión destas subvencións destinarase un crédito total de catrocentos mil euros (400.000 €) correspondentes á aplicación orzamentaria 04.50. 312C.481.0. Este importe poderá ser ampliado nos casos establecidos no artigo 31º.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 30º.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento, en función das maiores dispoñibilidades orzamentarias que se poidan producir nas devanditas aplicacións.

Eixes e accións subvencionables:

1. Eixe de acollida:

1.1. Accións de acollida que inclúan aloxamento e/ou manutención.

1.2. Accións de información, asesoramento e orientación xurídica.

Desenvolvemento de proxectos que teñan por obxecto garantir a asistencia xurídica en materia de estranxeiría e de retorno, adecualos ás necesidades cambiantes da poboación migrante, promovendo o acceso a un asesoramento xurídico de calidade que permita o pleno coñecemento dos dereitos e obrigas que lles atribúe a lexislación vixente.

1.3. Accións cuxo obxectivo sexa proporcionar atención social, acollida, apoio técnico e profesional a persoas en situación de especial vulnerabilidade e a mulleres inmigrantes e retornadas, soas, xestantes ou con fillos menores, vítimas de violencia de xénero ou de redes de tráfico e explotación sexual, carentes de recursos e redes familiares ou sociais de apoio.

2. Eixe de educación:

2.1. Accións de ensinanza das linguas da sociedade de acollida.

2.2. Accións de reforzo educativo e escolarización dos alumnos de orixe inmigrante e retornados en etapas escolares obrigatorias e non obrigatorias.

Trátase de apoiar o reforzo da escolarización dos alumnos de orixe inmigrante e retornados, en etapas escolares obrigatorias e non obrigatorias: primaranse as accións que teñan por obxecto reforzar as axudas no ámbito escolar a través de bolsas e axudas de comedor, transporte e material escolar, co obxectivo de fomentar as actuacións coordinadas entre os centros educativos e o seu ámbito.

3. Eixe de saúde:

Accións de promoción da saúde e asistencia ás necesidades específicas da poboación inmigrante e retornada.

As accións deberán ter por obxecto facilitar o acceso á poboación inmigrante e retornada á prevención e promoción da saúde mediante a realización de accións preventivas e socioeducativas.

4. Eixe de codesenvolvemento e retorno voluntario:

4.1. Accións de codesenvolvemento que inclúan a participación activa das persoas inmigrantes.

O obxectivo é promover accións de codesenvolvemento nos países de orixe que estean xestionadas, total ou parcialmente, polas posibles entidades beneficiarias desta convocatoria de axudas.

4.2. Accións destinadas a facilitar o retorno voluntario ao seu país de orixe de persoas inmigrantes en situación de vulnerabilidade ou en risco de exclusión social.

5. Eixe de fomento do asociacionismo:

Accións de fomento de asociacións de persoas inmigrantes e/ou retornadas e entidades sociais cuxo fin específico sexa a atención das necesidades da poboación inmigrante e/ou retornada. Terán preferencia aquelas accións encamiñadas á captación de socios nas asociacións existentes e a creación de federacións de asociacións.

Documentación adxunta:

-Formularios de solicitude, Anexos I a XI (picar aquí para descargar)

Nota: Permite cubrir os datos directamente sobre o formulario e a continuación imprimir o documento. Non se pode gardar o documento xa que se perderán todos os cambios realizados.

-Anexo VI  en word (picar aquí para descargar)

-Anexo VIII en word (picar aquí para descargar)

-Texto íntegro da convocatoria no D.O.G. (picar aquí para descargar)

-Xornada Informativa sobre subvencións ás entidades sen ánimo de lucro para realizar proxectos de acollida e integración da poboación inmigrante (picar aquí para acceder á información).

Lugar de presentación da documentación: 
As solicitudes de subvencións xunto co resto da documentación dirixiranse ao órgano competente, Secretaría Xeral da Emigración, na rúa dos Basquiños 2, 15704 Santiago de Compostela (A Coruña), e presentaranse por calquera das formas previstas no artigo 38º.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.
Prazo de entrega: 
18.04.2011

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas